Este pasado venres 18 de marzo tivemos a oportunidade de reunirnos na biblioteca municipal para a entrega de premios dos certames literarios do V Festival de arte e novela negra.
A gala comezou cun breve discurso dos
directivos do centro agradecendo a participación e alentando aos alí presentes
a seguir participando neste tipo de actividades que realiza o instituto. Tamén
tivemos o pracer de escoitar as marabillosas palabras que a poeta Yolanda
Castaño dedicounos tanto aos participantes coma aos organizadores polo
excelente traballo e esforzo por seguir estendendo a literatura galega.
Despois desta introdución ao evento, os
gañadores/as e finalistas do IV certame de relatos breves foron os que abriron
a cerimonia de entrega de premios. De menor a maior foron pasando cada un deles
a recoller o seu galardón cun gran sorriso na cara, aínda que coa máscara non
puidemos ver o de algúns.
Os seguintes premiados foron os
gañadores/as e finalistas do III certame de poesía; era notable a súa
felicidade, malia que nalgúns casos non puidemos apreciar completamente os seus
rostros.
Finalmente, e estreando categoría, os
gañadores/as e finalistas do I certame de microrrelatos foron recibindo o seu
premio un a un e con súbita alegría.
Igual que o resto de anos, a participación
nos certames segue sendo algo do que estar orgullosos, pero sabemos que pode ir
a máis; por iso queremos animar a toda a xente que nos le que o ano que ven se
apunten e nos sorprendan a todos co artista que levan dentro.
Reseña de Pablo Pazos Parada. 2ºBach B