jueves, 3 de marzo de 2022

Yolanda Castaño


Yolanda Castaño licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña, cidade na que reside dende os anos 90.

Ao longo dunha carreira que iniciou en 1995, esta poeta, editora, tradutora e xestora cultural veuse posicionando como oome máis internacional da poesía galega.

Fundadora da súa propia Residencia para Escritores/ as, dirixe festivais, ciclos de lecturas mensuais e talleres de tradución poética, sempre con poetas galegos e internacionais. Durante anos foi tamén colaboradora de TV, columnista e divulgadora literaria e recibiu numerosos premios e galardóns.

Completan a súa bibliografía poemarios (en diferentes idiomas), varias antoloxías persoais, plaquettes en 6 idiomas, obras como editora ou tradutora e poemarios infantís.

Desde sempre enormemente interesada no diálogo entre disciplinas creativas, foi pioneira e resultou premiada ao fusionar a poesía con audiovisual, artes plásticas, música, danza, arquitectura ou cociña. Neste sentido, en 2018 publicou o considerado primeiro libro en galego de cómic poético: “O puño e a letra”, unha antoloxía de 40 dos seus poemas interpretados en viñetas por 40 dos mellores artistas galegos/ as deste campo. 

Podes seguila en:

@ castano_yolanda                    @yolandacastanopoesia

No hay comentarios:

Publicar un comentario