miércoles, 17 de abril de 2024

Encontro de Manuel Esteban co alumnado do noso centro

Hoxe tivemos a gran oportunidade de ter con nós a Manuel Esteban. No primeiro obradoiro explicounos como crea as súas personaxes, como se debe deseñar un boa personaxe e unha boa historia. 


Falounos sobre os estereotipos e clixés, que fan que unha personaxe sexa ou non interesante. Unha das frases que dixo que me gustou moito foi “Tes que escribir un libro para ter unha personaxe”, é dicir, que para poder crear unha personaxe tes que crear o seu propio libro.

Despois desta introdución, cada un de nós fixo unha pequena historia cuns elementos que el nos dera.

Na miña opinión esta charla foi moi estimulante, sobre todo si es unha persoa a que lle gustaría escribir historias.

Tamén nos falou sobre o seu libro A ira dos mansos e contestou a todas as preguntas que lle fixemos sobre o mesmo. Por exemplo, como se lle ocorreu a historia, se as súas personaxes son completamente inventadas ou están inspiradas en persoas reais.

Ao final, cando xa non quedaban máis preguntas que responder, as alumnas que fixemos ilustracións sobre a novela, ensinámoslla en directo na nosa exposición e puidemos comentar cada obra co autor.  

Reseña de  Lorena Navarro y Candela Torres



Taller de acuarela con Eduardo Baamonde

Hoxe no IES Monte da Vila tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro co talentoso acuarelista Eduardo Baamonde, que veu darnos unha clase sobre acuarela, na que nos explicou detalles da súa carreira artística, os fundamentos da técnica e aconsellounos sobre como traballar con ela.


Na primeira parte do obradoiro estivemos observando como traballaba e na segunda xa nos tocou a nós aplicalo na práctica. Na miña opinión, foi unha experiencia marabillosa, ver todas as cousas fermosas que ofrece a acuarela e poder ver o traballo e técnica en vivo de alguén profesional.

Reseña de Lorena Navarro y Candela Torres

Encontro de Manuel Esteban co club de lectura do concello

Vivín o momento máis diferente e interesante do Montenegro deste ano no encontro co club de lectura do concello, no que se xuntaron vinte e tres mulleres do Grove con Manuel Esteban, autor do libro que as reunira, A ira dos mansos.

Foi para min unha sorpresa vivir a intensidade destas mecas, que instaban a Esteban a contestar unha chea de preguntas só cortadas polo timbre que indicara que a sesión acabara e o escritor debía xuntarse cun novo grupo, desta vez de bacharelato. E as cuestións chegaron incluso vía whatsapp, porque aínda tendo cita médica ninguén quixo deixar de transmitir as súas dúbidas, precisións ou impresións sobre a lectura.

Así, o empece encheuse de emoción mentres o autor contaba o seu coñecemento do Síndrome de Down a través do seu fillo Antón e a empatía fíxose patente nun grupo que sabe da vida porque a viviu. Non hai preocupación máis grande que a que vén da man dun fillo ou dunha filla, sabíano e abrazaron desde o primeiro instante o relato de Manuel.


A continuación veu a vez delas, e non deron tregua. Preguntaron, reprenderon, aconsellaron... en definitiva, deixaron ben claro que son unhas lectoras de primeiro nivel, esixentes e desexosas de falar con Manuel Esteban.

Só deu pena que non houbese máis tempo para interactuar. Conseguiron, iso si, unha promesa de que non será a última vez que o escritor volva ao Grove a falar con elas. Collémoslle a palabra mentres imos lendo o resto das súas obras.

 Mónica Góñez Silva

OBRADOIRO DE CONCIENCIA CORPORAL E ARTE. ISABEL ESPINOSA


Reseña de Omar Assane Ndoye Valladares (1ºESO B)

No obradoiro primeiro estivemos andando pola biblioteca e estirando mentres Isabel Espinosa tocaba a pandeireta e cada golpe era un paso. Despois dous, tres, catro e cinco.

A continuación deitámonos cos ollos pechados mentres ela dicía que imaxináramos que estabamos nun bosque con moitas árbores grandes e pequenas. Tiñamos que elixir unha e subir a ela sós ou con alguén.

Tamén tiñamos que sentir o vento na cara, baixar e abrir os ollos para debuxar o que viramos do bosque e

das árbores. Despois estivemos falando e tivemos que volver para a clase.

A min gustoume moito todo, menos debuxar.


Reseña de Amara López Martínez (1ºESO B)

O día 11 de abril tivemos un encontro con Isabel Espinosa, que fixo de guía na nosa actividade. Estivo ensinándonos a facer figuras e poñernos de acordo sen falar. Tamén vimos a relaxación; estivemos nunhas colchonetas cos ollos pechados e relaxados mentres imaxinabamos o que ela nos contaba.

Despois diso fixemos un debuxo que era totalmente libre, podiamos tanto rachar o papel como pegar periódicos, pintar con cera, pintar con rotuladores...

A miña opinión é boa. O problema estivo na duración. Dúas horas foi pouco tempo, porque aínda que parecen poucas cousas, levan moito traballo e paciencia, e ao final quedáronnos cousas pendentes.

Gustoume moito que nos deu moitísimos materiais: cartolinas de todas as cores, papeis de distintos tipos e con distintos estampados. Ela foi moi boa monitora e soubo levarnos polo bo camiño para desconectar.

A parte que menos me gustou creo que foi cando estivemos camiñando e facendo figuras e a parte que máis me gustou foi cando fixemos a relaxación e o debuxo porque podías facer todo libre.

Eu recoméndollo a outras persoas e gustaríame volvelo a ter aquí no instituto.


Reseña de Antonio Domínguez Figueiro (1ºESO B)

Hoxe, día 11 de abril de 2024, tivemos nas dúas primeiras horas lectivas un obradoiro sobre a conciencia corporal e a arte.

Cando chegamos á biblioteca, este foi o lugar elexido para o obradoiro, presentouse Isabel Espinosa.

Para comenzar a actividade empezamos a camiñar pola sala mentres Isabel tocaba diversos instrumentos.

Esta primeira actividade pareceume un pouco absurda porque non entendía para que servía e ademais ela non a explicou moi ben.

Despois collemos unhas colchonetas e colocámolas no chan para deitarnos nelas mentres nos imaxinabamos un paseo polo bosque e posteriormente debuxar o que pensabamos. Esta segunda actividade gustoume porque me fixo reflexionar.

Por último fixemos unha asamblea para falar sobre o que nos gustara e o que non.

En conclusión, este obradoiro gustoume e oxalá regrese para o ano que vén.




martes, 16 de abril de 2024

Actividades 11 de abril. Festival Montenegro

O pasado xoves 11 o noso instituto puido gozar da visita de dous xenios da ilustración, Eduardo Baamonde e María Isabel Espinosa, como parte do VI Festival Montenegro de Arte e Novela Negra.


A mañá estivo chea de creatividade e aprendizaxe, mentres os estudantes interactuaban nos obradoiros con estes talentosos artistas.

No almorzo, ilustradores e parte do profesorado asistiron a unha comida organizada polo Obradoiro da Lanzada, onde se compartiron experiencias e reflexións sobre as actividades do día, e o éxito da participación do alumnado.
Queremos agradecer aos organizadores do obradoiro da Lanzada, aos ilustradores e a tod@s @s alumn@s por facer deste día algo especial. Foi xenial ver a antigo alumnado do centro, cheos de ilusión e profesionalismo na súa nova etapa de aprendizaxe.

Como comentou unha alumna participante: 

“oxalá puidésemos gozar máis veces de actividades así!”

Marcia Fernández