Reseña de Omar Assane Ndoye Valladares (1ºESO B)
No obradoiro primeiro estivemos andando pola biblioteca e estirando mentres Isabel Espinosa tocaba a pandeireta e cada golpe era un paso. Despois dous, tres, catro e cinco.
A continuación deitámonos cos ollos pechados mentres ela dicía que imaxináramos que estabamos nun bosque con moitas árbores grandes e pequenas. Tiñamos que elixir unha e subir a ela sós ou con alguén.
Tamén tiñamos que sentir o vento na cara, baixar e abrir os ollos para debuxar o que viramos do bosque e
das árbores. Despois estivemos falando e tivemos que volver para a clase.
A min gustoume moito todo, menos debuxar.
Reseña de Amara López Martínez (1ºESO B)
O día 11 de abril tivemos un encontro con Isabel Espinosa, que fixo de guía na nosa actividade. Estivo ensinándonos a facer figuras e poñernos de acordo sen falar. Tamén vimos a relaxación; estivemos nunhas colchonetas cos ollos pechados e relaxados mentres imaxinabamos o que ela nos contaba.
Despois diso fixemos un debuxo que era totalmente libre, podiamos tanto rachar o papel como pegar periódicos, pintar con cera, pintar con rotuladores...
A miña opinión é boa. O problema estivo na duración. Dúas horas foi pouco tempo, porque aínda que parecen poucas cousas, levan moito traballo e paciencia, e ao final quedáronnos cousas pendentes.
Gustoume moito que nos deu moitísimos materiais: cartolinas de todas as cores, papeis de distintos tipos e con distintos estampados. Ela foi moi boa monitora e soubo levarnos polo bo camiño para desconectar.
A parte que menos me gustou creo que foi cando estivemos camiñando e facendo figuras e a parte que máis me gustou foi cando fixemos a relaxación e o debuxo porque podías facer todo libre.
Eu recoméndollo a outras persoas e gustaríame volvelo a ter aquí no instituto.
Reseña de Antonio Domínguez Figueiro (1ºESO B)
Hoxe, día 11 de abril de 2024, tivemos nas dúas primeiras horas lectivas un obradoiro sobre a conciencia corporal e a arte.
Cando chegamos á biblioteca, este foi o lugar elexido para o obradoiro, presentouse Isabel Espinosa.
Para comenzar a actividade empezamos a camiñar pola sala mentres Isabel tocaba diversos instrumentos.
Esta primeira actividade pareceume un pouco absurda porque non entendía para que servía e ademais ela non a explicou moi ben.
Despois collemos unhas colchonetas e colocámolas no chan para deitarnos nelas mentres nos imaxinabamos un paseo polo bosque e posteriormente debuxar o que pensabamos. Esta segunda actividade gustoume porque me fixo reflexionar.
Por último fixemos unha asamblea para falar sobre o que nos gustara e o que non.
En conclusión, este obradoiro gustoume e oxalá regrese para o ano que vén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario