Hoxe no IES Monte da Vila tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro co talentoso acuarelista Eduardo Baamonde, que veu darnos unha clase sobre acuarela, na que nos explicou detalles da súa carreira artística, os fundamentos da técnica e aconsellounos sobre como traballar con ela.
Na primeira parte do obradoiro estivemos observando
como traballaba e na segunda xa nos tocou a nós aplicalo na práctica. Na miña
opinión, foi unha experiencia marabillosa, ver todas as cousas fermosas que
ofrece a acuarela e poder ver o traballo e técnica en vivo de alguén
profesional.
Reseña de Lorena Navarro y Candela Torres
No hay comentarios:
Publicar un comentario