Hoxe tivemos a gran oportunidade de ter con nós a Manuel Esteban. No primeiro obradoiro explicounos como crea as súas personaxes, como se debe deseñar un boa personaxe e unha boa historia.
Despois desta introdución, cada un de nós fixo unha pequena historia cuns elementos que el nos dera.
Na miña opinión esta charla foi moi estimulante, sobre todo si es unha persoa a que lle gustaría escribir historias.Tamén nos falou sobre o seu libro A ira dos mansos e contestou a todas as preguntas que lle fixemos sobre o mesmo. Por exemplo, como se lle ocorreu a historia, se as súas personaxes son completamente inventadas ou están inspiradas en persoas reais.
Ao final, cando xa non quedaban máis preguntas que responder, as alumnas que fixemos ilustracións sobre a novela, ensinámoslla en directo na nosa exposición e puidemos comentar cada obra co autor.
Reseña de Lorena Navarro y Candela Torres
No hay comentarios:
Publicar un comentario