Mostrando entradas con la etiqueta VIII Montenegro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIII Montenegro. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de abril de 2025

24 Abril. VIII Festival Montenegro

 

Este xoves 24 de abril celebrouse VIII Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. Contamos coa presenza de dous convidados de luxo: o prestixioso ilustrador Miguel Anxo Prado e a recoñecida escritora Helena Gallego Abad. A primeira hora da mañá, o Club de Lectura do Concello do Grove desprazouse ata o noso instituto para compartir con Gallego Abad reflexións sobre a súa novela Sete caveiras.

Despois, tivo lugar un obradoiro de escrita creativa, no que participaron os mozos e mozas dos diferentes certames literarios organizados durante o curso. A xornada coa autora culminou cunha charla sobre a novela negra destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato.


Pola súa banda, Miguelanxo Prado protagonizou un taller de produción creativa dirixido ao alumnado de 1º e 2º do Bacharelato Artístico, durante o cal o ilustrador compartiu consellos e valorou as obras dos estudantes, animándoos a seguir desenvolvendo o seu talento. Ademais, mantivo un encontro co grupo de 2º ESO C para falar sobre o seu cómic Voitres e asinou exemplares para quen se achegou á biblioteca.

Inagurouse, ademáis,  unha exposición coas creacións do alumnado de artes, que permanecerá exposta nos corredores do centro durante os vindeiros días.

O festival, que pecha así a súa oitava edición, contou coa indispensable colaboración do Departamento de Debuxo e co apoio do Concello do Grove.

sábado, 8 de marzo de 2025

VI Certame de Poesía Montenegro 2025

 Encabezado%20de%20la%20biblioteca%20con%20logos.jpg

Xénero: Poesía (verso libre ou rimado)

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)

 Bases:

1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:

●     A: 1º e 2º de ESO.

●     B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

●     C: Bacharelato e Ciclos formativos.


●     D: Maiores de 18 anos.

 

2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.

 

3.    Os temas deberán estar relacionados coas raíces.

 

4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico:    poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de  dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

 

5. A data límite de entrega será o 11 de abril de 2025 (ás 23:59 min).

 

6. A ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.

 

7.    O xurado estará composto por catro integrantes.

 

8.    Premios: Haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 

Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.

 

Pulsa para acceder á ficha de inscrición e ás bases

 

Lembra ben: 

A poesía non morde, aínda que ás veces debería!


miércoles, 23 de octubre de 2024

IV CERTAME LITERARIO DE MICRORRELATOS. VIII FESTIVAL MONTENEGRO

Xénero: microrrelatos de terror.

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galicia).


Bases:

 1.  O concurso está aberto a calquera persoa e establécense as seguintes categorías:

●     A: 1º e 2º de ESO.

●     B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

●     C: Bacharelato e Ciclos formativos.

●     D: Maiores de 18 anos.

 2.  Os textos estarán escritos con letra Arial, tamaño 12, e terán 100 palabras como máximo.


3.  Os microrrelatos deberán ser orixinais e inéditos e xirarán ao redor da temática de terror. Será obrigatorio utilizar a palabra veleno ou algunha outra da súa familia léxica.


4.  A data límite de entrega será o venres, 15 de novembro de 2024 (ás 23:59 min).


5.  Os relatos enviaranse ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com ou entregaranse na biblioteca do instituto, onde haberá unha caixa destinada á súa recollida. O envío ou a entrega en papel constará de dous documentos:

    a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título     da obra, categoría en que participa e pseudónimo);

    b) outro co microrrelato, indicando ao comezo o título da obra e o                           pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

 6.  A ficha de inscrición e as bases poderanse descargar desde o blog da biblioteca.

 7.  Premios: haberá un primeiro premio e un finalista por cada categoría. O premio será un diploma acreditativo e material escolar.

 8.  Xurado: estará composto por catro integrantes e a coordinadora do festival. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com. 

Anímate a participar!


Pulsa para acceder ás bases e á folla de inscrición