sábado, 8 de marzo de 2025

VI Certame de Poesía Montenegro 2025

 Encabezado%20de%20la%20biblioteca%20con%20logos.jpg

Xénero: Poesía (verso libre ou rimado)

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)

 Bases:

1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:

     A: 1º e 2º de ESO.

     B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

     C: Bacharelato e Ciclos formativos.


     D: Maiores de 18 anos.

 

2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.

 

3.    Os temas deberán estar relacionados coas raíces.

 

4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico:    poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de  dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

 

5. data límite de entrega será 11 de abril de 2025 (ás 23:59 min).

 

6. ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.

 

7.    xurado estará composto por catro integrantes.

 

8.    Premios: Haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 

Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.

 

Pulsa para acceder á ficha de inscrición e ás bases

 

Lembra ben: 

A poesía non morde, aínda que ás veces debería!


1 comentario:

  1. ¿Se refiere a raíces de plantas o cualquier otro tipo de sinónimo de raíz?

    ResponderEliminar