domingo, 27 de abril de 2025

24 Abril. VIII Festival Montenegro

 

Este xoves 24 de abril celebrouse VIII Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. Contamos coa presenza de dous convidados de luxo: o prestixioso ilustrador Miguel Anxo Prado e a recoñecida escritora Helena Gallego Abad. A primeira hora da mañá, o Club de Lectura do Concello do Grove desprazouse ata o noso instituto para compartir con Gallego Abad reflexións sobre a súa novela Sete caveiras.

Despois, tivo lugar un obradoiro de escrita creativa, no que participaron os mozos e mozas dos diferentes certames literarios organizados durante o curso. A xornada coa autora culminou cunha charla sobre a novela negra destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato.


Pola súa banda, Miguelanxo Prado protagonizou un taller de produción creativa dirixido ao alumnado de 1º e 2º do Bacharelato Artístico, durante o cal o ilustrador compartiu consellos e valorou as obras dos estudantes, animándoos a seguir desenvolvendo o seu talento. Ademais, mantivo un encontro co grupo de 2º ESO C para falar sobre o seu cómic Voitres e asinou exemplares para quen se achegou á biblioteca.

Inagurouse, ademáis,  unha exposición coas creacións do alumnado de artes, que permanecerá exposta nos corredores do centro durante os vindeiros días.

O festival, que pecha así a súa oitava edición, contou coa indispensable colaboración do Departamento de Debuxo e co apoio do Concello do Grove.

No hay comentarios:

Publicar un comentario