Este xoves, 17 de marzo, visitounos Diego Ameixeiras, recoñecido autor de novela negra en galego.
Acompañounos durante unhas horas para poder charlar de forma amena con nós sobre o libro, que tivemos que ler para a segunda avaliación.
Aínda máis, falamos sobre como era o seu traballo e como ¡mplementaba experiencias persoais nas súas tramas, cousa bastante interesante, xa que a parte de escritor, tamén é xornalista.
Puidemos contar coa visita deste escritor, xa que no noso centro se realiza un festival de novela negra anualmente, no que hai certames literarios para motivar ao alumnado a participar e escribir, tendo categorías en poesía, relato breve e microrrelatos.
Con todo, agradecémoslle a visita, xa que fixo a nosa mañá máis amena e nós aprendemos del como el aprendeu tamén algo de nós.
Reseña de Hugo Domínguez Meis. 4º ESO A
No hay comentarios:
Publicar un comentario