O pasado venres 18 de marzo tivemos a sorte de coñecer a Kiko da Silva, ilustrador, historicista e director da academia Garaxe Hermético.
Kiko orientou a charla cos alumnos de 2° de bachatelato cara o lado máis económico de dedicarse ás artes. Explicou a importancia de ter coñecementos matemáticos e financieiros para ser autónomo.
A continuación falou das características da sus escola e os profesores que traballan nela e amosou videos de proxectos de alumnos e exalumnos e de que tratan ás clases.
Por último achegounos á súa traxectoria e ao seu traballo mediante o último proxecto no que leva traballando 10 anos, “Baixo a sombra das rochas flotantes”, contando a historia e paisaxes que inspiran o seu próximo cómic.
Sen dúbida unha experiencia enriquecedora sobretodo para os alumnos de bacharelato artístico. Brindounos a oportunidade de aprender sobre o mundo ao que estamos a punto de entrar e abriu os ollos a novas posibilidades.
Reseña de Lucía Villanueva Parada
Vídeo elaborado por Camila de Seta e Nico Rozadas
No hay comentarios:
Publicar un comentario