domingo, 20 de marzo de 2022

Yolanda Castaño. V Festival Montenegro

O venres 18 de marzo tivo lugar un taller coa escritora Yolanda Castaño na biblioteca do IES Monte da Vila. O taller comeza co alumnado de bacharelato artístico, amosando as obras que realizaron na materia de volume, reflexo dos poemas de Yolanda do libro O puño e a letra. O alumnado comentou un pouco por riba o porqué da súa obra, dándolle ela un sentido único a cada traballo.

Xa na segunda hora do taller, a autora comeza por dar unha pequena biografía e conta o motivo polo que escolleu a poesía como o seu medio de expresión.








A escritora Yolanda Castaño nace en Santiago de Compostela no ano 1977 e o seu primeiro contacto co mundo da arte foi a través dunha tarea na súa escola e recitando os seus poemas diante doutras clases. 

Ela dase a coñecer coa publicación de Elevar los párpados, tras gañar o Premio Fermín Bouza Brey de Poesía tan só con 17 anos. 

Yolanda recitou unhas palabras alentadoras para estes pequenos artistas: “tes que atopar a mellor maneira de expresarte, sacando o mellor de tí, sentindo que o que fas é teu”.


De seguido, recita o poema Ciclo tenemos la palabra, comezando cunha crítica literaria, na que integrou perfectamente ao alumnado. Pregunta por posibles ideas do que poida significar o verso que tanto repite “o meu verde co teu azul” e os alumnos van aportando as súas ideas.

Cara ao final deste taller de poesía a autora decide crear metáforas con relación ao verán, xa que tal como comenta, este recurso é o máis empregado polos artistas. Algunas das ideas que xurdiron foron:

“O verán é un soño prácido” 
“O verán é unha habitación pechada”
“O verán é un pesadelo pracenteiro”
“O verán é a traca final”. 

Yolanda, collendo estes pequenos versos, chega a crear unha estrofa: 

“O verán é un soño prácido, 
é facerse maior, 
é un pesadelo pracenteiro,
o verán é un polo de limón”,

rematando así o seu taller, deixando unha pequena semente prantada nos corazóns de posibles futuros escritores.
Reseña de Nerea Vila Poceiro

Vídeo realizado por Iñaki Méndez Mouriño

No hay comentarios:

Publicar un comentario