jueves, 3 de marzo de 2022

Miguel Porto

Miguel Porto, afeccionado á historieta desde moi novo, con apenas catorce anos gaña o premio infantil do I Salón de Cómic de Vigo, e con dezasete edita o fanzine Alopecia Mental, do que chega a publicar dous números.

En 2002 entra a colaborar na segunda etapa da revista Golfiño para a que crea a serie de tiras Lúa e despois Niko Natas, que realizará durante máis dunha vintena de números.

Nos anos seguintes os seus historitas aparecerán en multitude de fanzines como ARGH!, Carne Líquida, Fanzine Enfermo ou Lunático e revistas como Dúas veces breve, OINK!, Mongolia, Fume ou O Manglar. 

En 2008, chega por fin a súa primeira obra longa. Será dentro da colección Clásicos en cómic da editorial SM, encargándose de adaptar Tirante el blanco, a famosa novela de cabalería sobre a liberación de Constantinopla da invasión turca. 

En 2011 publica na obra colectiva Yes, We Camp! Bosquexos dunha (R)evolución que conta as experiencias de varios autores durante o 15M.

 

 En 2012, Kiko da Silva abre a escola de cómic O Garaxe Hermético, da que Miguel Porto entra a formar como un dos seus primeiros profesores encargándose, desde entón, de impartir clases sobre técnicas dixitais e proxectos. 

En 2014 crea e dirixe, xunto coa asociación Sende, o festival Bosquexo de debuxo ao natural, un campamento de debuxo para adultos no Parque Natural do Xurés, na aldea de Senderiz, que leva xa 8 edicións ás súas costas. 

En 2016 crea a serie Allen, Son of Hellcock, 
unha revisitación dos cómics de espada e 
bruxería en clave de comedia.
 
 

En 2018 participa na obra colectiva O puño e a letra, na que un nutrido grupo de autores galegos adaptan cada un un poema de Yolanda Castaño. 
 
 
 
En 2020, e con guión de Fernando Llor, métese de cheo no cómic biográfico con Subnormal, libro que relata a historia de Iñaki Zubizarreta, ex xogador da ACB, que sufriu bulling durante a súa infancia precisamente polas calidades que, anos despois, levaríanlle a converterse en xogador de baloncesto profesional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario