O pasado venres tivemos a sorte de coñecer a Kiko da Silva, ilustrador, debuxante, creador de historias e director da escola de ilustración e banda deseñada Garaxe Hermético.
Kiko orientou a charla co alumnado cara aos mecanismos necesarios para dedicarse ás artes hoxe en día. Ademais explicou a importancia de ter coñecementos matemáticos e financeiros para ser autónomo.
A continuación falou das características da súa escola e os profesionais que traballan nela e amosou vídeos de proxectos de alumnos/as e ex-alumnos/as e de que tratan ás diversas clases e materias.
Por último, achegounos á súa traxectoria e ao seu traballo mediante o último proxecto no que leva inmerso 10 anos, “Baixo a sombra das rochas flotantes”. Contando a historia e as paisaxes que inspiran o que será o seu próximo cómic.
Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora sobre todo para o alumnado do bacharelato artístico. Brindounos a oportunidade de aprender sobre o mundo ao que estamos a punto de entrar e abriunos os ollos a novas posibilidades.
Vídeo realizado por Nico Rozadas, 2º bacharelato B
No hay comentarios:
Publicar un comentario