Diego Ameixeiras Novelle é un escritor,
xornalista e guionista galego en lingua galega, aínda que varias das súas obras xa están traducidas ao castelán.
Traballou como guionista para varias series
emitidas pola TVG e como colaborador en diferentes xornais.
Foi coguionista de varias longametraxes, entre as que destacan 18 comidas e María y las demás, polas que recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión nos anos 2010 e 2017, respectivamente.
Recibiu diversos premios polas súas novelas, nas que frecuenta os mundos marxinais e a crítica social.
As súas dúas primeiras obras, Baixo
mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), ambientadas en Ourense, están protagonizadas polo detective Horacio Dopico.
A súa última obra, A cureldade de abril (Xerais, 2018), segundo o propio autor, é a historia dunha vinganza e tamén de marxinación, sobre en que nos pode converter a sociedade cando nos expulsa dese territorio de aparente normalidade no que nos obriga a vivir a todos.
Utiliza o molde da novela negra clásica, escrita desde o punto de vista do delincuente, aquí non hai unha investigación policial. O libro quixo dar una visión dese mapa humano de perdedores ao que non lle prestamos atención.
Ven de presentar estes días, en México, La noche del caimán, traballo que se publicou en galego en 2015, co título A noite enriba, e que agora se lanza con algunhas correccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario