lunes, 28 de marzo de 2022

Entrega de premios. V Festival Montenegro

Este pasado venres 18 de marzo tivemos a oportunidade de reunirnos na biblioteca municipal para a entrega de premios dos certames literarios do V Festival de arte e novela negra. 

A gala comezou cun breve discurso dos directivos do centro agradecendo a participación e alentando aos alí presentes a seguir participando neste tipo de actividades que realiza o instituto. Tamén tivemos o pracer de escoitar as marabillosas palabras que a poeta Yolanda Castaño dedicounos tanto aos participantes coma aos organizadores polo excelente traballo e esforzo por seguir estendendo a literatura galega. 

Despois desta introdución ao evento, os gañadores/as e finalistas do IV certame de relatos breves foron os que abriron a cerimonia de entrega de premios. De menor a maior foron pasando cada un deles a recoller o seu galardón cun gran sorriso na cara, aínda que coa máscara non puidemos ver o de algúns.

Os seguintes premiados foron os gañadores/as e finalistas do III certame de poesía; era notable a súa felicidade, malia que nalgúns casos non puidemos apreciar completamente os seus rostros.

Finalmente, e estreando categoría, os gañadores/as e finalistas do I certame de microrrelatos foron recibindo o seu premio un a un e con súbita alegría.

Igual que o resto de anos, a participación nos certames segue sendo algo do que estar orgullosos, pero sabemos que pode ir a máis; por iso queremos animar a toda a xente que nos le que o ano que ven se apunten e nos sorprendan a todos co artista que levan dentro. 

 Reseña de Pablo Pazos Parada. 2ºBach B

viernes, 25 de marzo de 2022

Diego Ameixeiras. V Festival Montenegro.


Este xoves, 17 de marzo, visitounos Diego Ameixeiras, recoñecido autor de novela negra en galego.

Acompañounos durante unhas horas para poder charlar de forma amena con nós sobre o libro, que tivemos que ler para a segunda avaliación.


Aínda máis, falamos sobre como era o seu traballo e como ¡mplementaba experiencias persoais nas súas tramas, cousa bastante interesante, xa que a parte de escritor, tamén é xornalista.


Puidemos contar coa visita deste escritor, xa que no noso centro se realiza un festival de novela negra anualmente, no que hai certames literarios para motivar ao alumnado a participar e escribir, tendo categorías en poesía, relato breve e microrrelatos.

Con todo, agradecémoslle a visita, xa que fixo a nosa mañá máis amena e nós aprendemos del como el aprendeu tamén algo de nós.

Reseña de Hugo Domínguez Meis. 4º ESO A


martes, 22 de marzo de 2022

Miguel Porto. V Festival Montenegro

O pasado venres tivemos a sorte de coñecer a Kiko da Silva, ilustrador, debuxante, creador de historias e director da escola de ilustración e banda deseñada Garaxe Hermético. 

Kiko orientou a charla co alumnado cara aos mecanismos necesarios para dedicarse ás artes hoxe en día. Ademais explicou a importancia de ter coñecementos matemáticos e financeiros  para ser autónomo. 


A continuación falou das características da súa escola e os profesionais que traballan nela e  amosou vídeos de proxectos de alumnos/as e ex-alumnos/as e de que tratan ás diversas clases e materias. 


Por último, achegounos á súa traxectoria e ao seu traballo mediante o último proxecto no que  leva inmerso 10 anos, “Baixo a sombra das rochas flotantes”. Contando a historia e as paisaxes que inspiran o que será o seu próximo cómic. 



Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora sobre todo para o alumnado do bacharelato  artístico. Brindounos a oportunidade de aprender sobre o mundo ao que estamos a punto de  entrar e abriunos os ollos a novas posibilidades.


Vídeo realizado por Nico Rozadas, 2º bacharelato B

Diego Ameixeiras. V Festival Montenegro

O día 17 de marzo tivemos o pracer de coñecer ao escritor galego Diego Ameixeiras. Realizamos un obradoiro no que nos explicou como facer unha personaxe, fixemos un visionado de dous filmes de fai anos e despois comentámolos.

Puidemos ver os aspectos básicos a ter en conta á hora de construir unha personaxe e reflexionamos sobre os seus problemas, as súas inquendanzas... 

 Agardamos que volva pronto!


Reseña de Yanina Iglesias Fernández,
2º bacharelato A



Vídeo elaborado por Nico Rozadas, 2º bacharelato B

Kiko da Silva. V Festival Montenegro


O pasado venres 18 de marzo tivemos a sorte de coñecer a Kiko da Silva, ilustrador, historicista e director da academia Garaxe Hermético.

Kiko orientou a charla cos alumnos de 2° de bachatelato cara o lado máis económico de dedicarse ás artes. Explicou a importancia de ter coñecementos matemáticos e financieiros para ser autónomo.

A continuación falou das características da sus escola e os profesores que traballan nela e amosou videos de proxectos de alumnos e exalumnos e de que tratan ás clases.

Por último achegounos á súa traxectoria e ao seu traballo mediante o último proxecto no que leva traballando 10 anos, “Baixo a sombra das rochas flotantes”, contando a historia e paisaxes que inspiran o seu próximo cómic.

Sen dúbida unha experiencia enriquecedora sobretodo para os alumnos de bacharelato artístico. Brindounos a oportunidade de aprender sobre o mundo ao que estamos a punto de entrar e abriu os ollos a novas posibilidades. 

Reseña de Lucía Villanueva Parada
Vídeo elaborado por Camila de Seta e Nico Rozadas

domingo, 20 de marzo de 2022

Yolanda Castaño. V Festival Montenegro

O venres 18 de marzo tivo lugar un taller coa escritora Yolanda Castaño na biblioteca do IES Monte da Vila. O taller comeza co alumnado de bacharelato artístico, amosando as obras que realizaron na materia de volume, reflexo dos poemas de Yolanda do libro O puño e a letra. O alumnado comentou un pouco por riba o porqué da súa obra, dándolle ela un sentido único a cada traballo.

Xa na segunda hora do taller, a autora comeza por dar unha pequena biografía e conta o motivo polo que escolleu a poesía como o seu medio de expresión.








A escritora Yolanda Castaño nace en Santiago de Compostela no ano 1977 e o seu primeiro contacto co mundo da arte foi a través dunha tarea na súa escola e recitando os seus poemas diante doutras clases. 

Ela dase a coñecer coa publicación de Elevar los párpados, tras gañar o Premio Fermín Bouza Brey de Poesía tan só con 17 anos. 

Yolanda recitou unhas palabras alentadoras para estes pequenos artistas: “tes que atopar a mellor maneira de expresarte, sacando o mellor de tí, sentindo que o que fas é teu”.


De seguido, recita o poema Ciclo tenemos la palabra, comezando cunha crítica literaria, na que integrou perfectamente ao alumnado. Pregunta por posibles ideas do que poida significar o verso que tanto repite “o meu verde co teu azul” e os alumnos van aportando as súas ideas.

Cara ao final deste taller de poesía a autora decide crear metáforas con relación ao verán, xa que tal como comenta, este recurso é o máis empregado polos artistas. Algunas das ideas que xurdiron foron:

“O verán é un soño prácido” 
“O verán é unha habitación pechada”
“O verán é un pesadelo pracenteiro”
“O verán é a traca final”. 

Yolanda, collendo estes pequenos versos, chega a crear unha estrofa: 

“O verán é un soño prácido, 
é facerse maior, 
é un pesadelo pracenteiro,
o verán é un polo de limón”,

rematando así o seu taller, deixando unha pequena semente prantada nos corazóns de posibles futuros escritores.
Reseña de Nerea Vila Poceiro

Vídeo realizado por Iñaki Méndez Mouriño