miércoles, 23 de octubre de 2024

IV CERTAME LITERARIO DE MICRORRELATOS. VIII FESTIVAL MONTENEGRO

Xénero: microrrelatos de terror.

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galicia).


Bases:

 1.  O concurso está aberto a calquera persoa e establécense as seguintes categorías:

●     A: 1º e 2º de ESO.

●     B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

●     C: Bacharelato e Ciclos formativos.

●     D: Maiores de 18 anos.

 2.  Os textos estarán escritos con letra Arial, tamaño 12, e terán 100 palabras como máximo.


3.  Os microrrelatos deberán ser orixinais e inéditos e xirarán ao redor da temática de terror. Será obrigatorio utilizar a palabra veleno ou algunha outra da súa familia léxica.


4.  A data límite de entrega será o venres, 15 de novembro de 2024 (ás 23:59 min).


5.  Os relatos enviaranse ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com ou entregaranse na biblioteca do instituto, onde haberá unha caixa destinada á súa recollida. O envío ou a entrega en papel constará de dous documentos:

    a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título     da obra, categoría en que participa e pseudónimo);

    b) outro co microrrelato, indicando ao comezo o título da obra e o                           pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

 6.  A ficha de inscrición e as bases poderanse descargar desde o blog da biblioteca.

 7.  Premios: haberá un primeiro premio e un finalista por cada categoría. O premio será un diploma acreditativo e material escolar.

 8.  Xurado: estará composto por catro integrantes e a coordinadora do festival. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com. 

Anímate a participar!


Pulsa para acceder ás bases e á folla de inscrición

miércoles, 1 de mayo de 2024

Isabel Espinosa no VII Festival Montenegro. IES Monte da Vila


 

V Certame de Poesía Montenegro 2024

Xénero: poesía (verso libre ou rimado)

 Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)

Bases:

1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:

  • A: 1º e 2º de ESO.
  • B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • C: Bacharelato e Ciclos formativos.
  • D: Maiores de 18 anos.

 2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.

3. Os temas deberán estar relacionados coa vida, a morte e o recordo.

4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico:

poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de  dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

5. A data límite de entrega será o 30 de maio de 2024 (ás 23:59 min).

6. A ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.

7. O xurado estará composto por catro integrantes.

8. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. As autoras ou autores das obras seleccionadas recibirán un exemplar da primeira obra escrita de Nuria Vil, Simún, e un diploma acreditativo. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.

Lembra ben: A poesía non morde, aínda que ás veces debería!

 Pulsa aquí para acceder á folla de inscrición aquí para poder consultar as bases en formato pdf. 


 

miércoles, 17 de abril de 2024

Encontro de Manuel Esteban co alumnado do noso centro

Hoxe tivemos a gran oportunidade de ter con nós a Manuel Esteban. No primeiro obradoiro explicounos como crea as súas personaxes, como se debe deseñar un boa personaxe e unha boa historia. 


Falounos sobre os estereotipos e clixés, que fan que unha personaxe sexa ou non interesante. Unha das frases que dixo que me gustou moito foi “Tes que escribir un libro para ter unha personaxe”, é dicir, que para poder crear unha personaxe tes que crear o seu propio libro.

Despois desta introdución, cada un de nós fixo unha pequena historia cuns elementos que el nos dera.

Na miña opinión esta charla foi moi estimulante, sobre todo si es unha persoa a que lle gustaría escribir historias.

Tamén nos falou sobre o seu libro A ira dos mansos e contestou a todas as preguntas que lle fixemos sobre o mesmo. Por exemplo, como se lle ocorreu a historia, se as súas personaxes son completamente inventadas ou están inspiradas en persoas reais.

Ao final, cando xa non quedaban máis preguntas que responder, as alumnas que fixemos ilustracións sobre a novela, ensinámoslla en directo na nosa exposición e puidemos comentar cada obra co autor.  

Reseña de  Lorena Navarro y Candela Torres



Taller de acuarela con Eduardo Baamonde

Hoxe no IES Monte da Vila tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro co talentoso acuarelista Eduardo Baamonde, que veu darnos unha clase sobre acuarela, na que nos explicou detalles da súa carreira artística, os fundamentos da técnica e aconsellounos sobre como traballar con ela.


Na primeira parte do obradoiro estivemos observando como traballaba e na segunda xa nos tocou a nós aplicalo na práctica. Na miña opinión, foi unha experiencia marabillosa, ver todas as cousas fermosas que ofrece a acuarela e poder ver o traballo e técnica en vivo de alguén profesional.

Reseña de Lorena Navarro y Candela Torres

Encontro de Manuel Esteban co club de lectura do concello

Vivín o momento máis diferente e interesante do Montenegro deste ano no encontro co club de lectura do concello, no que se xuntaron vinte e tres mulleres do Grove con Manuel Esteban, autor do libro que as reunira, A ira dos mansos.

Foi para min unha sorpresa vivir a intensidade destas mecas, que instaban a Esteban a contestar unha chea de preguntas só cortadas polo timbre que indicara que a sesión acabara e o escritor debía xuntarse cun novo grupo, desta vez de bacharelato. E as cuestións chegaron incluso vía whatsapp, porque aínda tendo cita médica ninguén quixo deixar de transmitir as súas dúbidas, precisións ou impresións sobre a lectura.

Así, o empece encheuse de emoción mentres o autor contaba o seu coñecemento do Síndrome de Down a través do seu fillo Antón e a empatía fíxose patente nun grupo que sabe da vida porque a viviu. Non hai preocupación máis grande que a que vén da man dun fillo ou dunha filla, sabíano e abrazaron desde o primeiro instante o relato de Manuel.


A continuación veu a vez delas, e non deron tregua. Preguntaron, reprenderon, aconsellaron... en definitiva, deixaron ben claro que son unhas lectoras de primeiro nivel, esixentes e desexosas de falar con Manuel Esteban.

Só deu pena que non houbese máis tempo para interactuar. Conseguiron, iso si, unha promesa de que non será a última vez que o escritor volva ao Grove a falar con elas. Collémoslle a palabra mentres imos lendo o resto das súas obras.

 Mónica Góñez Silva