jueves, 5 de octubre de 2023

III CERTAME LITERARIO DE MICRORRELATOS DO FESTIVAL MONTENEGRO 2024


 


Xénero: microrrelatos de terror.

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galicia).


Bases:

 1.  O concurso está aberto a calquera persoa e establécense as seguintes categorías:

     A: 1º e 2º de ESO.

     B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

     C: Bacharelato e Ciclos formativos.

     D: Maiores de 18 anos.

 2.  Os textos estarán escritos con letra Arial, tamaño 12, e terán 100 palabras como máximo.

3.  Os microrrelatos deberán ser orixinais e inéditos e xirarán ao redor da temática de terror. Será obrigatorio utilizar a palabra cravo ou algunha outra da súa familia léxica.

4.  A data límite de entrega será o martes, 24 de outubro de 2023 (ás 23:59 min).

5.  Os relatos enviaranse ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com ou entregaranse na biblioteca do instituto, onde haberá unha caixa destinada á súa recollida. O envío ou a entrega en papel constará de dous documentos: 


a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo.

 

b) outro co microrrelato, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

 6.  Podes descargar A ficha de inscrición e as bases pulsando nos enlaces.

 7.  Premios: haberá un primeiro premio e un finalista por cada categoría. O premio será un diploma acreditativo e material escolar.

  Os relatos serán publicados.

 8.  Xurado: estará composto por catro integrantes e a coordinadora do festival. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com.

 

Anímate a participar!



jueves, 18 de mayo de 2023

POEMAS GAÑADORES DO IV CERTAME DE POESÍA MONTENEGRO

 IV CERTAME DE POESÍA MONTENEGRO 

IES MONTE DA VILA 


ACTA DO XURADO 

Reunido o xurado, formado por Iago Alvite, Aurora Ballesteros, Martín Meis, Manuel Meixide Fernández, Mónica Góñez Silva e María Saco Goday , como alumnado de bacharelato votando as categorías A, e D Victoria Garay Iglesias e Nerea Vila Poceiro, como secretaria Josebe Arrillaga, designa como poesías Gañadoras e finalistas as seguintes segundo as diferentes categorías: 


CATEGORÍA A: 

  • Poesía Gañadora: “Fame” de Lucía Campos Lores

  • Poesía Finalista: ” Saber do medo” de Martina Castro Domínguez

CATEGORÍA C: 

  • Poesía Gañadora: “DNI” de Iñaki Méndez Mouriño

  • Poesía Finalista: “Cinzas” de Nerea Vila Poceiro


CATEGORÍA D: 

  • Poesía Gañadora: “PORÉN” de Mónica Góñez Silva

  • Poesía Finalista: ” sintofrío” de Lois Bouzas Millán


Os diplomas serán outorgados na biblioteca do IES Monte da vila o xoves 18 de maio 


O Grove a 15 de maio de 2023


A secretaria: Josebe Arrillaga Chopitea 


sábado, 15 de abril de 2023

OBRAS ARTÍSTICAS PREMIADAS. VI FESTIVAL MONTENEGRO

 I CERTAME DE ARTE MONTENEGRO

IES MONTE DA VILA 


ACTA DO XURADO 

Reunido o xurado, formado por Martín Meis, Eva Mascato, Maica Álvarez, Mónica Góñez, Josebe Arrillaga e Iago Alvite e Iago Fontoira e Clara Vindel, como secretaria, designa como relatos Gañadores e finalistas os seguintes segundo as diferentes categorías: 


CATEGORÍA VOLUME: 

  • Obra Gañadora: “ de Andrea Dovalo Méndez.

  • Obra Finalista: “ ” de Manuel Guillán Rial e “ ” de Savannah Jasmine Rubirosa Knott e Cristian Fernández Garrido.

CATEGORÍA ARTES PLÁSTICAS: 

  • Obra Gañadora: “ de Ainhoa Piñeiro Pereira.

  • Obra Finalista: “” de Paula Aguín García e “” de Paula Filgueira Castiñeira.


Os diplomas serán outorgados na biblioteca IES Monte da Vila do Grove  o venres 18 de maio na clausura do VI festival Montenegro de Arte e Novela Negra



O Grove a 29 de marzo de 2023





A secretaria: Clara Mª Vindel Martínez



IV Certame de poesía Montenegro 2023

Xénero: poesía (verso libre ou rimado)

 Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)

Bases:

1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:

  • A: 1º e 2º de ESO.
  • B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
  • C: Bacharelato e Ciclos formativos.
  • D: Maiores de 18 anos.

 2.  Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.

3. Os temas deberán estar relacionados co medo, a identidade(s) e a rabia.

4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico:

poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de  dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

5.data límite de entrega será o 5 de maio de 2023 (ás 23:59 min).

6. ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.

7. O xurado estará composto por catro integrantes.

8. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. As autoras ou autores das obras seleccionadas recibirán un exemplar da primeira obra escrita de Nuria Vil, Simún, e un diploma acreditativo. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.

Lembra ben: A poesía non morde, aínda que ás veces debería!

 Pulsa aquí para acceder á folla de inscrición e aquí para poder consultar as bases en formato pdf. 

sábado, 1 de abril de 2023

Entrega de premios VI Festival Montenegro

Eran as seis da tarde do venres. O Festival Montenegro de Arte e Literatura estaba a piques de rematar. Todo acabaría coa entrega de premios dos certames de microrrelato e relato de terror.

Coa certeza dun fin próximo entramos e colocamos as bolsas que o alumnado de bacharelato de artes deseñara para o momento.


No salón de actos da Casa da Cultura estabamos só o equipo organizador pero o aire tiña xa o sabor metálico da inminencia. Os nosos corpos sentíano. As nosas olladas delataban o medo mastigado en silencio no interior de cadaquén.


As portas abriron entón e veciñanza, familias e alumnado entraron rodeándonos. Había xente, mesmo moita xente.


Cando a vicedirectora deu a benvida a anguria fíxose material. Percateime nese momento de que o medo ultrapasaba as miñas fronteiras e pousaba nalgunha das caras que estaban próximas a min. Desexaba que o momento non chegase nunca, que non tivese que ser eu unha daquelas olladas que ían subindo e espellando os meus temores na tortura. Con todo, o inevitable chegou e coa mención do meu nome vinme en pé, aproximándome autómata ao cadafalso.


Fronte a min, a espectación, o silencio e a escuridade. 


Fun consciente da ansia que medraba nos poros da miña pel. Suábanme as mans, nas que se concentraba a humidade que escaseaba na gorxa.


Alguén avanzou cara a min coa ferramenta que me atormentaba. Sen piedade, achegouse e púxome na man un micrófono.


-É a túa vez, -dixo.


Só volvín respirar cando calaron os últimos aplausos do acto e se volveu abrir a porta pola que entrara o terror.



Relatos obradoiro Arantxa Portabales

 

martes, 28 de marzo de 2023

Publicación dos relatos do V Festival Montenegro

O alumno Iñaki Méndez, do 2º curso do Bacharelato de Artes,  editou esta fermosa publicación coas obras literarias dos certames de poesía, relato curto e microrrelatos do V Festival Montenegro de Arte e Novela Negra.


Na publicación tamén se poden apreciar as obras artísticas realizadas durante o curso 2021 - 2022 polo alumnado do centro. Estas obras están relacionadas co libro de poemas de Yolanda Castaño, O puño e a letra, e coa novela O cervo e a sombrade Diego Ameixeiras.


Gran traballo, Iñaki!!