Xénero: poesía (verso libre ou rimado)
Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)
Bases:
1. Pode participar calquera
persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:
- A: 1º e 2º de ESO.
- B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- C: Bacharelato e Ciclos formativos.
- D: Maiores de 18 anos.
2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.
3. Os temas deberán estar relacionados co medo, a identidade(s) e a rabia.
4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico:
poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).
5. A data límite de entrega será o 5 de maio de 2023 (ás 23:59 min).
6. A ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.
7. O xurado estará composto por catro integrantes.
8. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. As autoras ou autores das obras seleccionadas recibirán un exemplar da primeira obra escrita de Nuria Vil, Simún, e un diploma acreditativo. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario