martes, 17 de diciembre de 2024
miércoles, 23 de octubre de 2024
IV CERTAME LITERARIO DE MICRORRELATOS. VIII FESTIVAL MONTENEGRO
Xénero: microrrelatos de terror.
Convoca:
IES Monte da Vila (O Grove - Galicia).
Bases:
● A: 1º e 2º de ESO.
● B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
● C: Bacharelato e Ciclos formativos.
● D: Maiores de 18 anos.
3.
Os microrrelatos deberán ser orixinais e inéditos e xirarán ao redor
da temática de terror. Será obrigatorio utilizar a palabra veleno
ou algunha outra da súa familia léxica.
4. A data límite de entrega será o venres, 15 de novembro de 2024 (ás 23:59 min).
5.
Os relatos enviaranse ao correo
electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com
ou entregaranse na biblioteca do instituto, onde haberá unha caixa destinada á
súa recollida. O envío ou a entrega en papel constará de dous documentos:
a) ficha de inscrición cos datos da persoa
participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e
pseudónimo);
b) outro co microrrelato, indicando ao
comezo o título da obra e o pseudónimo
(sen referencia á persoa participante).
Anímate a participar!
Pulsa para acceder ás bases e á folla de inscrición
miércoles, 1 de mayo de 2024
V Certame de Poesía Montenegro 2024
Xénero: poesía (verso libre ou rimado)
Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)
Bases:
1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:
- A: 1º e 2º de ESO.
- B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
- C: Bacharelato e Ciclos formativos.
- D: Maiores de 18 anos.
2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.
3. Os temas deberán estar relacionados coa vida, a morte e o recordo.
4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico:
poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).
5. A data límite de entrega será o 30 de maio de 2024 (ás 23:59 min).
6. A ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.
7. O xurado estará composto por catro integrantes.
8. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. As autoras ou autores das obras seleccionadas recibirán un exemplar da primeira obra escrita de Nuria Vil, Simún, e un diploma acreditativo. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.
Lembra ben: A poesía non morde, aínda que ás veces debería!
viernes, 26 de abril de 2024
Eduardo Baamonde no VII Festival Montenegro. IES Monte da Vila
miércoles, 17 de abril de 2024
Encontro de Manuel Esteban co alumnado do noso centro
Hoxe tivemos a gran oportunidade de ter con nós a Manuel Esteban. No primeiro obradoiro explicounos como crea as súas personaxes, como se debe deseñar un boa personaxe e unha boa historia.
Despois desta introdución, cada un de nós fixo unha pequena historia cuns elementos que el nos dera.
Na miña opinión esta charla foi moi estimulante, sobre todo si es unha persoa a que lle gustaría escribir historias.
Tamén nos falou sobre o seu libro A ira dos mansos e contestou a todas as preguntas que lle fixemos sobre o mesmo. Por exemplo, como se lle ocorreu a historia, se as súas personaxes son completamente inventadas ou están inspiradas en persoas reais.
Ao final, cando xa non quedaban máis preguntas que responder, as alumnas que fixemos ilustracións sobre a novela, ensinámoslla en directo na nosa exposición e puidemos comentar cada obra co autor.
Reseña de Lorena Navarro y Candela Torres
Taller de acuarela con Eduardo Baamonde
Hoxe no IES Monte da Vila tivemos a oportunidade de realizar un obradoiro co talentoso acuarelista Eduardo Baamonde, que veu darnos unha clase sobre acuarela, na que nos explicou detalles da súa carreira artística, os fundamentos da técnica e aconsellounos sobre como traballar con ela.
Encontro de Manuel Esteban co club de lectura do concello
Vivín o momento máis diferente e interesante do Montenegro deste ano no encontro co club de lectura do concello, no que se xuntaron vinte e tres mulleres do Grove con Manuel Esteban, autor do libro que as reunira, A ira dos mansos.
Foi para min unha sorpresa vivir a intensidade destas mecas, que instaban a Esteban a contestar unha chea de preguntas só cortadas polo timbre que indicara que a sesión acabara e o escritor debía xuntarse cun novo grupo, desta vez de bacharelato. E as cuestións chegaron incluso vía whatsapp, porque aínda tendo cita médica ninguén quixo deixar de transmitir as súas dúbidas, precisións ou impresións sobre a lectura.
Só deu pena que non houbese máis tempo para
interactuar. Conseguiron, iso si, unha promesa de que non será a última vez que
o escritor volva ao Grove a falar con elas. Collémoslle a palabra mentres imos
lendo o resto das súas obras.
OBRADOIRO DE CONCIENCIA CORPORAL E ARTE. ISABEL ESPINOSA
martes, 16 de abril de 2024
Actividades 11 de abril. Festival Montenegro
O pasado xoves 11 o noso instituto puido gozar da visita de dous xenios da ilustración, Eduardo Baamonde e María Isabel Espinosa, como parte do VI Festival Montenegro de Arte e Novela Negra.
Marcia Fernández
miércoles, 3 de abril de 2024
lunes, 25 de marzo de 2024
martes, 30 de enero de 2024
VI CERTAME LITERARIO DE RELATOS BREVES MONTENEGRO 2024
Xénero: relatos breves de temática negra
Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galiza)
Bases:
1. O concurso está aberto a calquera persoa. Estabelécense as seguintes categorías:
● A: 1º e 2º de ESO.
● B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
● C: Bacharelato e Ciclos formativos.
● D: Maiores 18 anos.
2. Os textos estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12, con 600 palabras como máximo e un mínimo de 100.
3. Os textos deberán ser orixinais e inéditos, e inspiraranse nos contidos da noticia publicada no xornal O Noso Grove titulada “Aparecen restos humanos nunha praia do Grove”, que acompaña estas bases.
4. A data límite de entrega será o 29 de febreiro de 2024 (ás 23:59 min).
5. Os relatos enviaranse ao correo electrónico: relatosmontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos:
a) ficha de inscrición cos datos da
persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que
participa e pseudónimo).
b) outro co relato, indicando ao
comezo o título da obra e o pseudónimo (sen
referencia á persoa participante).
6. Premios: por cada categoría haberá un relato gañador e un finalista.
Os premios
consistirán nun lote de libros e un diploma acreditativo, ademais do dereito a
participar gratuitamente nunha excursión a final de curso.
Os relatos serán publicados.
7. Xurado: estará composto por catro integrantes, a coordinadora do festival e o escritor Manuel Esteban.
O xurado resérvase o dereito de
deixar deserto algún premio.
Para consultas ou dúbidas podes
dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo
electrónico relatosmontenegro@gmail.com.
Pulsa para descargar as bases e a folla de inscrición.
O Noso Grove
SÁBADO 13 DE XANEIRO DE 2024
O alumnado do IES Monte da Vila atopou onte nunha praia do Grove unha man humana mentres participaba nunha recollida de bólas de plástico nos areais do concello.
Unha das docentes alertou a Garda Civil tras comprobar o estado do membro, que presentaba signos de violencia e descomposición e que apareceu entre as crebas que o mar deixara na area.
Os axentes efectuaron o traslado ao Instituto de Medicina Legal de Pontevedra, onde se practicou unha autopsia. Segundo fontes da investigación, a man non tiña pegadas dactilares, o que fai pensar que foron borradas intencionadamente para dificultar a identificación da vítima. Ademais, presentaba unha tatuaxe dun ollo dentro dun triángulo, un símbolo asociado a sociedades secretas e ocultistas.
A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer a orixe dos restos humanos.