martes, 4 de octubre de 2022

II CERTAME LITERARIO DE MICRORRELATOS MONTENEGRO 2023

Xénero: microrrelatos de terror.

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galicia).


Bases:

 

1. O concurso está aberto a calquera persoa e establécense as seguintes categorías: 

          A: 1º e 2º de ESO. 

          B: 3º e 4º de ESO e FP Básica. 

          C: Bacharelato e Ciclos formativos. 

          D: Maiores de 18 anos.

 


 
3. Os microrrelatos deberán ser orixinais e inéditos e xirarán ao redor da temática de terror.
 
5. Os relatos enviaranse ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com ou entregaranse na biblioteca do instituto, onde haberá unha caixa destinada á súa recollida. O envío ou a entrega en papel constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro co microrrelato, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).
 
6. A ficha de inscrición e as bases poderanse descargar desde o blog da biblioteca.
 
7. Premios: haberá un primeiro premio e un finalista por cada categoría. Os premios son dúas entradas para un escape room, un lote de libros e un diploma acreditativo. Os relatos serán publicados.
 
8. Xurado: estará composto por catro integrantes e a coordinadora do festival. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 

Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico microrrelatosmontenegro@gmail.com

 

Pulsa para acceder ás bases en formato pdf e á ficha de inscrición.

 

Anímate a participar!

lunes, 28 de marzo de 2022

Entrega de premios. V Festival Montenegro

Este pasado venres 18 de marzo tivemos a oportunidade de reunirnos na biblioteca municipal para a entrega de premios dos certames literarios do V Festival de arte e novela negra. 

A gala comezou cun breve discurso dos directivos do centro agradecendo a participación e alentando aos alí presentes a seguir participando neste tipo de actividades que realiza o instituto. Tamén tivemos o pracer de escoitar as marabillosas palabras que a poeta Yolanda Castaño dedicounos tanto aos participantes coma aos organizadores polo excelente traballo e esforzo por seguir estendendo a literatura galega. 

Despois desta introdución ao evento, os gañadores/as e finalistas do IV certame de relatos breves foron os que abriron a cerimonia de entrega de premios. De menor a maior foron pasando cada un deles a recoller o seu galardón cun gran sorriso na cara, aínda que coa máscara non puidemos ver o de algúns.

Os seguintes premiados foron os gañadores/as e finalistas do III certame de poesía; era notable a súa felicidade, malia que nalgúns casos non puidemos apreciar completamente os seus rostros.

Finalmente, e estreando categoría, os gañadores/as e finalistas do I certame de microrrelatos foron recibindo o seu premio un a un e con súbita alegría.

Igual que o resto de anos, a participación nos certames segue sendo algo do que estar orgullosos, pero sabemos que pode ir a máis; por iso queremos animar a toda a xente que nos le que o ano que ven se apunten e nos sorprendan a todos co artista que levan dentro. 

 Reseña de Pablo Pazos Parada. 2ºBach B

viernes, 25 de marzo de 2022

Diego Ameixeiras. V Festival Montenegro.


Este xoves, 17 de marzo, visitounos Diego Ameixeiras, recoñecido autor de novela negra en galego.

Acompañounos durante unhas horas para poder charlar de forma amena con nós sobre o libro, que tivemos que ler para a segunda avaliación.


Aínda máis, falamos sobre como era o seu traballo e como ¡mplementaba experiencias persoais nas súas tramas, cousa bastante interesante, xa que a parte de escritor, tamén é xornalista.


Puidemos contar coa visita deste escritor, xa que no noso centro se realiza un festival de novela negra anualmente, no que hai certames literarios para motivar ao alumnado a participar e escribir, tendo categorías en poesía, relato breve e microrrelatos.

Con todo, agradecémoslle a visita, xa que fixo a nosa mañá máis amena e nós aprendemos del como el aprendeu tamén algo de nós.

Reseña de Hugo Domínguez Meis. 4º ESO A


martes, 22 de marzo de 2022

Miguel Porto. V Festival Montenegro

O pasado venres tivemos a sorte de coñecer a Kiko da Silva, ilustrador, debuxante, creador de historias e director da escola de ilustración e banda deseñada Garaxe Hermético. 

Kiko orientou a charla co alumnado cara aos mecanismos necesarios para dedicarse ás artes hoxe en día. Ademais explicou a importancia de ter coñecementos matemáticos e financeiros  para ser autónomo. 


A continuación falou das características da súa escola e os profesionais que traballan nela e  amosou vídeos de proxectos de alumnos/as e ex-alumnos/as e de que tratan ás diversas clases e materias. 


Por último, achegounos á súa traxectoria e ao seu traballo mediante o último proxecto no que  leva inmerso 10 anos, “Baixo a sombra das rochas flotantes”. Contando a historia e as paisaxes que inspiran o que será o seu próximo cómic. 



Sen dúbida, unha experiencia enriquecedora sobre todo para o alumnado do bacharelato  artístico. Brindounos a oportunidade de aprender sobre o mundo ao que estamos a punto de  entrar e abriunos os ollos a novas posibilidades.


Vídeo realizado por Nico Rozadas, 2º bacharelato B

Diego Ameixeiras. V Festival Montenegro

O día 17 de marzo tivemos o pracer de coñecer ao escritor galego Diego Ameixeiras. Realizamos un obradoiro no que nos explicou como facer unha personaxe, fixemos un visionado de dous filmes de fai anos e despois comentámolos.

Puidemos ver os aspectos básicos a ter en conta á hora de construir unha personaxe e reflexionamos sobre os seus problemas, as súas inquendanzas... 

 Agardamos que volva pronto!


Reseña de Yanina Iglesias Fernández,
2º bacharelato A



Vídeo elaborado por Nico Rozadas, 2º bacharelato B