Marta Dacosta: Encontro do alumnado das materias artísticas de DAI e TEGP coa autora do libro Na casa da avoa. Obradoiro de poesía cos participantes do II concurso de poesía.
Marta comezou falando das formas que xeran as palabras, as imaxes que vemos na distribución das mesmas nos poemas. Tamén destacou a importancia da caligrafía, un sello persoal na arte da palabra.
Máis
tarde, os alumnos de debuxo artístico amosámoslle as ilustracións
baseadas nos seus poemas, explicando brevemente de onde surxen as nosas
ideas.
Por
último, comentou como é a súa forma de escribir, de onde colle
inspiración... E escoitámola recitar un dos poemas da súa última obra,
"Na casa da avoa". Sen
dúbida unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa
do noso centro. Quedámonos co sorriso de Marta, a paixón coa que fala
dos seus libros e a enerxía que desprendeu ao longo de toda a súa
visita. Esperamos voltar a vernos pronto!
Inés Costado 1º Bac. C
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube
Guitián: Obradoiros de ilustración cos participantes dos clubs de lectura da biblioteca e co alumnado da materia de TEGP.
Taller de Storyboard: o xoves 15 de abril visitounos Alberto Guitián, un talentoso ilustrador e artista gráfico de Coruña.
Alberto falounos sobre o traballo duro que leva crear diferentes debuxos animados, películas e incluso cómics mediante un “Storyboard”, que se trata dun conxunto de ilustracións presentadas de forma secuencial co obxetivo de servir de guía para depois entender a historia, previsualizar unha animación ou planificar a estrutura dunha película.
Serviunos con moitos exemplos como as películas de Disney e os cómics de Anime, mostrando mediante proxeccións o paso a paso para a realización dun Storyboard en distintos ámbitos artísticos.
Finalmente, o artista ofreceunos realizar o noso propio Storybo board, mediante unha guía escrita sobre diferentes escenas dun episodio dos Simpsons, para así experienciar individualmente a dificultade e esforzo deste apartado imprescindíbel das películas e cómics que todos disfrutamos, rematando a charla moi satisfeitos e cunha percepción distinta da arte que consumimos no noso día a día.

Amy Argibay Walker 2º Bac C
O xoves 15 de abril contamos coa presenza de Alberto Guitián,un gran ilustrador galego, que tivo a amabilidade de ensinarnos diversas formas de expresión para os nosos personaxes e mellorar as personalidades destes.
Definitivamente,esta foi unha gran experiencia,tanto para aprender novas técnicas como coñecer novos puntos de vista de parte dun ilustrador profesional.
Repetiría esta experiencia sen dubidalo.
Carlos Bea 4º ESO B
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube
ÁLBUM DO FOTOS DO 15 DE ABRIL
No hay comentarios:
Publicar un comentario