Xénero: relatos breves de temática negra
Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galiza)
Bases:
1. O concurso está aberto a calquera persoa, estabelécendose as seguintes categorías:· A: 1º e 2º de ESO.
· B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
· C: Bacharelato e Ciclos formativos.
· D: Maiores 18 anos.
2. Os textos estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12, con 600 palabras como máximo. Non haberá un mínimo.
3. Os temas deberán ser orixinais e inéditos, e inspirarse na novela O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras. A temática central será a o desacougo vital/existencial (a derrota, a autodestrución, dependencia emocional, etc), o amor imposíbel e as relacións de amizade.
4. A data límite de entrega será o 28 de febreiro de 2022 (ás 23:59 min).
5. Os relatos enviaranse ao correo electrónico: relatosmontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro co relato, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).
6. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría que recibirán un lote de libros, incluída a novela O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras, e un diploma acreditativo. Os relatos serán publicados.
7. Xurado: estará composto por catro integrantes, a coordinadora do festival e o escritor Diego Ameixeiras. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico relatosmontenegro@gmail.com.
Ánimo e adiante!
Podes acceder á ficha de inscrición no seguinte enlace. (Se pulsas en arquivo, poderás descargalo no teu ordenador para poder cubrilo).
E se pulsas aquí podes acceder ás bases do certame en formato pdf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario