lunes, 3 de mayo de 2021

Mércores 14 de abril

 Ledicia Costas: Encontro do alumnado de 4º ESO coa autora do libro Infamia.

Xuntanza cos participantes do concurso de relatos breves

Ledicia con Manuel, creador do cartel

 
O mércores 14 de abril o alumnado de 4º eso mantivemos un coloquio coa escritora Ledicia Costas, autora da novela Infamia, que foi o libro de lectura na materia de lingua galega e literatura no segundo trimestre.
 
As charlas comezaron cunha breve intervención de Ledicia contándonos curiosidades sobre a súa vida e algunhas claves para unha mellor comprensión da obra. Por exemplo, mencionou que se inspirou en sucesos reais, tales como o caso da desaparición de Marta del Castillo ou nunha súa profesora da carreira de Dereito, que lle dá vida á personaxe de Emma Cruz.
 
As alumnas e alumnos dos tres grupos puidemos facerlle preguntas, comentarios, valoracións e opinións persoais a respecto do que nos pareceu a novela publicada en 2019.


 
O encontro resultou moi acolledor, interesante e cómodo, xa que Ledicia foi quen de nos sorprender coa súa proximidade e naturalidade. Durante as sesións xurdiron moitas preguntas relacionadas coas temáticas, todas elas moi duras e actuais. A autora defendeu a necesidade de visibilizalas, aínda que nalgúns casos estean consideradas tabú.

 
En definitiva, a actividade foi moi educativa e ben aproveitada, podéndonos achegar máis á persoa e tamén á creación de Infamia. Entre todas e todos gozamos dun ambiente positivo e didáctico. Agardamos, tal e como nos adiantou, a súa próxima publicación e tamén a segunda parte de Infamia.
 
 Suevia Noya Garrido 4ºESO A 
 
 
 
   Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

Xosé Tomás: Obradoiros de ilustración dirixidos ao alumnado das materias de DAI e EPVA de 4ºESO.


   

O obradoiro de dúas horas con Xosé Tomás resultou moito mellor do esperado, foi moi ameno e entretido todo o comentado e as distintas actividades que nos expuxo.

 
Empezando cunha breve explicación dunha das súas dúas profesións xunto con varios dos seus traballos, conseguiu xerar interese desde o principio e resolveu dúbidas daqueles que estaban interesados no ámbito. 
 
As dúas actividades que realizamos, o xerar un debuxo coas ideas dadas como o ditado, foron bastante divertidas. Ademais, Xosé Tomás mostraba unha forma de explicar moi boa, digna dun profesor como o é el, e fixo o posible por manternos nun ambiente agradable tentando que colaboremos en todo momento. Víase o gusto que ten pola súa profesión, tanto á hora de falar como na paixón que puxo para realizar simples bosquexos.


En resumo, foi unha experiencia marabillosa, tanto para os alumnos como para o profesorado, que nos deixou a moitos con ganas de ver máis do seu traballo e coa esperanza de volver vernos o próximo ano.
Alba Carballal 1ºBach C

 
 
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

ÁLBUM DE FOTOS 

 
 
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

No hay comentarios:

Publicar un comentario