
Xénero: Poesía (verso libre ou rimado)
Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)

Bases:1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías:
● A: 1º e 2º de ESO.
● B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
● C: Bacharelato e Ciclos formativos.
● D: Maiores de 18 anos.
2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.
3. Os temas deberán estar relacionados coas raíces.
4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico: poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).
5. A data límite de entrega será o 11 de abril de 2025 (ás 23:59 min).
6. A ficha de inscrición e as bases pódense baixar no blog da biblioteca.
7. O xurado estará composto por catro integrantes.
8. Premios: Haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. Os textos premiados serán publicados. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.
Pulsa para acceder á ficha de inscrición e ás bases
Lembra ben:
A poesía non morde, aínda que ás veces debería!