miércoles, 15 de marzo de 2023

Sara Vila no VI Festival Montenegro

OBRADOIRO DE ESCRITA CON SARA VILA ALONSO

O Festival Montenegro celebrouse durante esta semana no instituto IES Monte da Vila. Vivimos unha serie de obradoiros e charlas sobre a nosa literatura galega. Desde diferentes puntos de vista e de diversas escritoras e escritores, entre elas, Sara Vila. Sara é unha periodista e autora de Oito días sen Eva Cortes, un thriller que comezou a planificar e escribir mentres paseaba durante a cuarentena.

Durante o obradoiro, e a raíz das súas explicacións, puidemos coller un papel e un lapis e comezar a crear os nosos propios relatos. Asemade, correxir aqueles imperfectos que só unha boa prosista pode saber. Ensinounos como crear uns personaxes e unha trama de boa calidade, pois é moito máis complexo do que parece.
A autora aseguraba que ás veces temos unha historia que contar, pero non sabemos como facelo, non é doado. Debemos facernos preguntas e seguir uns pasos para intentar facelo o mellor posible. Vila, axudounos a ter unha visión distinta da literatura e contounos algúns detalles da súa obra. 

                           
Do mesmo xeito, creo que é unha boa experiencia para aquela mocidade que lle gusta escribir ou mesmo para espertar en aqueles que non teñan esta devoción, unha nova forma de expresión.

Aroa Aguiño Domínguez (2º BAC. B)


ENCONTRO LITERARIO COA ESCRITORA SARA VILA ALONSO


O pasado xoves 9 de marzo, o alumnado de 4º de ES, disfrutamos da visita de Sara Vila, autora da novela Oito días sen Eva Cortes, que foi a lectura deste trimestre na materia de Lingua Galega e Literatura.

Neste encontro a autora falounos desta primeira novela publicada por Galaxia e que foi premio Illa Nova de narrativa de 2021. Contornos que foi o que a levou a escribila e todo aquilo que pensou cando a facía. Falounos, ademais, de diferentes situacións que ela mesma viviu como muller e como xornalista.

Sara amosouse moi próxima e as súas reflexións resultaron moi positivas para comprendermos algúns aspectos da historia desta desaparición. Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi que fixo moito fincapé na súa etapa no instituto e do interese pola escrita xa desde rapariga. Animounos a abrir os libros e gozar das historias, mais tamén a coller o boli ou o portátil e expresar o que sentimos.

O certo é que nos pareceu pouco tempo de encontro e, nalgúns casos, non puidemos comentarlle todo o que traballaramos na aula coa súa novela os meses anteriores.

Pois nada, xa lle dixemos que ficamos á espera da súa próxima publicación e dunha nova visita.
Lara Benavides Álvarez (4º ESO A)
Noa Iglesias Álvarez (4º ESO B)


Vídeo elaborado por Victoira Garay Iglesias (2º BAC. B)

No hay comentarios:

Publicar un comentario