miércoles, 15 de marzo de 2023

Nuria Vil no VI Festival Montenegro

No mes de marzo lévase a cabo o Festival Montenegro no IES Monte da Vila no que varias escritoras e ilustradores acudiron ao encontro. Unha delas é Nuria Vil, autora do poemario Simún, obra literaria que recolle as súas vivenzas e experiencia a través de longos poemas. 

No taller de hoxe a poeta comezou recitando un dos seus máis famosos poemas O tempo desta historia, dando inicio á práctica de escritura co alumnado de 2º de bacharelato. 


Nuria busca inspiración nas poetas do momento, nas súas propias emocións, e de cando en vez, opta polos obxectos, tal como fixo no taller, Teouxo unha serie de pezas para cada alumno, co que escribirían a través do tacto e sensacións, unha frase ou texto que remitese ao elemento. 

Para finalizar co taller, colocou unha serie de imaxes coas que o alumnado atoparía inspiración para crear un poema conxunto. 

No momento de despedirse, o alumnado de artes aproveitou para explicarlle á poeta cada unha das ilustracións inspiradas en diferentes fragmentos do seu poemario, concluíndo así o taller de escritura, do que o alumnado sacaría inspiración para as súas futuras obras.

                                                                       Nerea Vila Pouceiro (2º BAC. A)

__________________________________________________________________

O pasado venres 10 de marzo veu Nuria Vil para conmemorar o Festival de Novela Negra e facer así un obradoiro onde nos explicaba un pouco sobre a nosa literatura, máis específicamente, sobre a poesía en galego. 

Deste xeito a escritora explicuounos como a poesía non ten que ser un feito aburrido ou anodino, senón que pode estar chea de sentimentos, como a rabia, a tristeza, o noxo… 

A súa obra principal, Simún, publicada hai dous anos e caracterizada polos nosos compañeiros e compañeiras  en forma de cadros e diferentes obras plásticas, deu moito de que falar durante a charla. Ademais tamén nos estivo a ensinar outras obras que llevara a cabo, non dun xeito escrito senón máis visuais. 

Pareceume unha experiencia moi interesante e canto máis transgresora, xa que dalgunha maneira cambiou a miña percepción da poesía. 

                                                                                       Xulio Triñanes ( 2º BAC. C )

______________________________________________________________________________

Na miña opinión, o que vivimos o pasado 10 de marzo coa charla de Nuria Vil foi sorprendente. Pareceume curiosa a forma na que o feito compartir uns minutos coa escritora me nutrira de tantos coñecementos novos.

Ademais, a través deste obradoiro puiden descubrir algunhas cousas novas que me gustaban, e que nunca pensei que o farían, coma por exemplo escribir poesía. Escoitar sobre a evolución, a creación, a inspiración… da obra da poeta pareceume moi interesante, e espertou en min unha certa “motivación” por crear poemas ou aprender deste mundo literario, a pesar de facer bacharelato científico. Por non falar de todos os referentes poéticos galegos que nos ensinou, como Xohana Torres, deixando deste xeito unha mensaxe que considero moi importante para ao alumnado na actualidade: as mulleres tamén existimos, e facemos grandes cousas.

Creo que todas as persoas invitadas á charla de Nuria Vil puideron ser conscientes de que o que adoita ser unha simple charla, se convertira nunha sesión na que tamén nos levamos unha experiencia, polo que agradezco que o centro nos haxa dado a oportunidade de vivir este tipo de acontecementos, pois son consciente da dificultade que pode supoñer organizar un festival así.

Grazas por sacarnos da rutina académica e facer que, a través do festival Montenegro, e concretamente da charla de Nuria Vil, o alumnado poida expresar e reforzar esa creatividade que o sistema educativo ignora.

Erixúa Otero Sanmartin 2º bach C




Vídeo elaborado por Iñaki Méndez (2º BAC. A)

No hay comentarios:

Publicar un comentario