martes, 28 de marzo de 2023

Publicación dos relatos do V Festival Montenegro

O alumno Iñaki Méndez, do 2º curso do Bacharelato de Artes,  editou esta fermosa publicación coas obras literarias dos certames de poesía, relato curto e microrrelatos do V Festival Montenegro de Arte e Novela Negra.


Na publicación tamén se poden apreciar as obras artísticas realizadas durante o curso 2021 - 2022 polo alumnado do centro. Estas obras están relacionadas co libro de poemas de Yolanda Castaño, O puño e a letra, e coa novela O cervo e a sombrade Diego Ameixeiras.


Gran traballo, Iñaki!!

domingo, 19 de marzo de 2023

Xantar no Obradoiro da Lanzada. Agradecementos

 Queremos amosar o noso agradecemento ás escritoras Sara Vila, Nuria Vil e Arantza Portabales, e ao ilustrador Tokio, todo o que nos fixeron sentir durante estes dous días do VI Festival Montenegro. 

Foi, como nas outras edicións, un xeito maravilloso de achegar ao noso alumnado á ilustración, así como á narrativa e poesía galega. 

O noso alumando, ademais de aprender e disfrutar moito nos talleres e encontros que se devolveron estes días, puideron amosar as obras que estiveron facendo nas clases. 

            
       

           

                          

COMIDA NO OBRADOIRO DA LANZADA CON NURIA VIL E ARANTXA PORTABALES.

miércoles, 15 de marzo de 2023

Sara Vila no VI Festival Montenegro

OBRADOIRO DE ESCRITA CON SARA VILA ALONSO

O Festival Montenegro celebrouse durante esta semana no instituto IES Monte da Vila. Vivimos unha serie de obradoiros e charlas sobre a nosa literatura galega. Desde diferentes puntos de vista e de diversas escritoras e escritores, entre elas, Sara Vila. Sara é unha periodista e autora de Oito días sen Eva Cortes, un thriller que comezou a planificar e escribir mentres paseaba durante a cuarentena.

Durante o obradoiro, e a raíz das súas explicacións, puidemos coller un papel e un lapis e comezar a crear os nosos propios relatos. Asemade, correxir aqueles imperfectos que só unha boa prosista pode saber. Ensinounos como crear uns personaxes e unha trama de boa calidade, pois é moito máis complexo do que parece.
A autora aseguraba que ás veces temos unha historia que contar, pero non sabemos como facelo, non é doado. Debemos facernos preguntas e seguir uns pasos para intentar facelo o mellor posible. Vila, axudounos a ter unha visión distinta da literatura e contounos algúns detalles da súa obra. 

                           
Do mesmo xeito, creo que é unha boa experiencia para aquela mocidade que lle gusta escribir ou mesmo para espertar en aqueles que non teñan esta devoción, unha nova forma de expresión.

Aroa Aguiño Domínguez (2º BAC. B)


ENCONTRO LITERARIO COA ESCRITORA SARA VILA ALONSO


O pasado xoves 9 de marzo, o alumnado de 4º de ES, disfrutamos da visita de Sara Vila, autora da novela Oito días sen Eva Cortes, que foi a lectura deste trimestre na materia de Lingua Galega e Literatura.

Neste encontro a autora falounos desta primeira novela publicada por Galaxia e que foi premio Illa Nova de narrativa de 2021. Contornos que foi o que a levou a escribila e todo aquilo que pensou cando a facía. Falounos, ademais, de diferentes situacións que ela mesma viviu como muller e como xornalista.

Sara amosouse moi próxima e as súas reflexións resultaron moi positivas para comprendermos algúns aspectos da historia desta desaparición. Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi que fixo moito fincapé na súa etapa no instituto e do interese pola escrita xa desde rapariga. Animounos a abrir os libros e gozar das historias, mais tamén a coller o boli ou o portátil e expresar o que sentimos.

O certo é que nos pareceu pouco tempo de encontro e, nalgúns casos, non puidemos comentarlle todo o que traballaramos na aula coa súa novela os meses anteriores.

Pois nada, xa lle dixemos que ficamos á espera da súa próxima publicación e dunha nova visita.
Lara Benavides Álvarez (4º ESO A)
Noa Iglesias Álvarez (4º ESO B)


Vídeo elaborado por Victoira Garay Iglesias (2º BAC. B)

Arantza Portabales no VI Festival Montenegro

 Taller de escritura

O obradoiro de Arantza Portabales comezou cunha pequena presentación, coa que explicou as bases do microrrelato. Despois,  a través dunha selección aleatoria, escollemos cinco palabras:  un país, unha comida, un utensilio da cociña, un número e unha cor. Con estas palabras cada un de nós escribimos un microrrelato, no que tiñan que aparecer esas palabras, para despois expoñelos e lelos en voz alta para todo o alumnado e profesorado presente, así como para Arantza.

Raúl Míguez Lois (2º BAC. B)


Vídeo elaborado por Iñaki Méndez (2º BAC. A)

Tokio no VI Festival Montenegro

O obradoiro con Tokio foi mo¡ interesante e entretido. Gustounos sobre todo que aprendemos como facer traballos de banda deseñada e tamén aprendemos algunhas cousas sobre a anatomía dalgunhas especies mariñas. Entre todos os alumnos de 1º da ESO fixemos un cómic en grande.

Se algunha vez se volve a facer outro taller deste tipo, participariamos sen dudalo nesa actividade. 

En canto a Tokio, foi moi amable connosco e foron moi agradables as horas que pasamos con el.


Martina Castro Domínguez (1º ESO B)

  


O 9 de marzo de 2023 houbo unha charla sobre a historia e experiencia de Tokio como biólogo e artista, na biblioteca.


Fixemos unha actividade na que tivemos que debuxar todo tipos de cunchas ou cousas que tiveran que ver coa bioloxía marina.


Na miña opinión, a charla foi moi interesante e aprendemos moito de anatomía das profundidades mariñas.


Tokio foi moi bo explicando, pasou polas mesas do alumnado para dar consellos nos debuxos, explicar como funcionaba a vida do animal que vivía na cuncha ou doutros feitos interesantes da vida mariña.


En conclusión, Tokio foi excelente como "profesor por un día" e a clase foi moi boa e interesante.


Antía Fernández Esteban



                        



Vídeo elaborado por Josebe Arrillaga Chopitea 

Nuria Vil no VI Festival Montenegro

No mes de marzo lévase a cabo o Festival Montenegro no IES Monte da Vila no que varias escritoras e ilustradores acudiron ao encontro. Unha delas é Nuria Vil, autora do poemario Simún, obra literaria que recolle as súas vivenzas e experiencia a través de longos poemas. 

No taller de hoxe a poeta comezou recitando un dos seus máis famosos poemas O tempo desta historia, dando inicio á práctica de escritura co alumnado de 2º de bacharelato. 


Nuria busca inspiración nas poetas do momento, nas súas propias emocións, e de cando en vez, opta polos obxectos, tal como fixo no taller, Teouxo unha serie de pezas para cada alumno, co que escribirían a través do tacto e sensacións, unha frase ou texto que remitese ao elemento. 

Para finalizar co taller, colocou unha serie de imaxes coas que o alumnado atoparía inspiración para crear un poema conxunto. 

No momento de despedirse, o alumnado de artes aproveitou para explicarlle á poeta cada unha das ilustracións inspiradas en diferentes fragmentos do seu poemario, concluíndo así o taller de escritura, do que o alumnado sacaría inspiración para as súas futuras obras.

                                                                       Nerea Vila Pouceiro (2º BAC. A)

__________________________________________________________________

O pasado venres 10 de marzo veu Nuria Vil para conmemorar o Festival de Novela Negra e facer así un obradoiro onde nos explicaba un pouco sobre a nosa literatura, máis específicamente, sobre a poesía en galego. 

Deste xeito a escritora explicuounos como a poesía non ten que ser un feito aburrido ou anodino, senón que pode estar chea de sentimentos, como a rabia, a tristeza, o noxo… 

A súa obra principal, Simún, publicada hai dous anos e caracterizada polos nosos compañeiros e compañeiras  en forma de cadros e diferentes obras plásticas, deu moito de que falar durante a charla. Ademais tamén nos estivo a ensinar outras obras que llevara a cabo, non dun xeito escrito senón máis visuais. 

Pareceume unha experiencia moi interesante e canto máis transgresora, xa que dalgunha maneira cambiou a miña percepción da poesía. 

                                                                                       Xulio Triñanes ( 2º BAC. C )

______________________________________________________________________________

Na miña opinión, o que vivimos o pasado 10 de marzo coa charla de Nuria Vil foi sorprendente. Pareceume curiosa a forma na que o feito compartir uns minutos coa escritora me nutrira de tantos coñecementos novos.

Ademais, a través deste obradoiro puiden descubrir algunhas cousas novas que me gustaban, e que nunca pensei que o farían, coma por exemplo escribir poesía. Escoitar sobre a evolución, a creación, a inspiración… da obra da poeta pareceume moi interesante, e espertou en min unha certa “motivación” por crear poemas ou aprender deste mundo literario, a pesar de facer bacharelato científico. Por non falar de todos os referentes poéticos galegos que nos ensinou, como Xohana Torres, deixando deste xeito unha mensaxe que considero moi importante para ao alumnado na actualidade: as mulleres tamén existimos, e facemos grandes cousas.

Creo que todas as persoas invitadas á charla de Nuria Vil puideron ser conscientes de que o que adoita ser unha simple charla, se convertira nunha sesión na que tamén nos levamos unha experiencia, polo que agradezco que o centro nos haxa dado a oportunidade de vivir este tipo de acontecementos, pois son consciente da dificultade que pode supoñer organizar un festival así.

Grazas por sacarnos da rutina académica e facer que, a través do festival Montenegro, e concretamente da charla de Nuria Vil, o alumnado poida expresar e reforzar esa creatividade que o sistema educativo ignora.

Erixúa Otero Sanmartin 2º bach C




Vídeo elaborado por Iñaki Méndez (2º BAC. A)

Premios do V Certame de Relatos Breves Montenegro

 V CONCURSO RELATOS MONTENEGRO 

IES MONTE DA VILA 


ACTA DO XURADO 

Reunido o xurado, formado por Aurora Ballesteros, Martín Meis, Loló Vilar, Carmen Aguiño, Cayetano García e Uxía Pallares e, como secretaria Josebe Arrillaga, designa como relatos Gañadores e finalistas os seguintes segundo as diferentes categorías: 


CATEGORÍA A: 

  • Relato Gañador: “Un asasinato no grove” de Verusca Silva Domínguez

CATEGORÍA B: 

  • Deserto


CATEGORÍA C: 

  • Relato Gañador: “Non son unha mentirosa” de Enayr Silva Fernández

  • Relato Finalista: ” Cousas de irmáns” de Paula Aguín garcía


CATEGORÍA D: 

  • Relato Gañador: “Non gañarás ti, fillo dun can” de Mónica Góñez Silva

  • Relato Finalista: ” Os mortos teñen as mans doutra cor” de Inés Costado Afonso



Os diplomas serán outorgados na biblioteca municipal do Concello de O Grove  o venres 10 de marzo na clausura do VI festival Montenegro de Arte e Novela Negra


O Grove a 1 de marzo de 2022



A secretaria: Josebe Arrillaga Chopitea