domingo, 15 de enero de 2023

V CERTAME LITERARIO DE RELATOS BREVES MONTENEGRO 2023

 

 Xénero: relatos breves de temática negra

 Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galiza)


Bases:

1.   O concurso está aberto a calquera persoa, estabelécendose as seguintes categorías:

    A: 1º e 2º de ESO.

    B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

    C: Bacharelato e Ciclos formativos.

    D: Maiores 18 anos.

2. Os textos estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12, con 600 palabras como máximo. Non haberá un mínimo.

3. Os temas deberán ser orixinais e inéditos, e inspiraranse nos contidos da noticia publicada no xornal O Noso Grove titulada “Atopan no Grove un cadáver mentres rescataban unha persoa secuestrada” do venres 13 de xaneiro de 2023.

4. A data límite de entrega será o 17 de febreiro de 2023 (ás 23:59 min).

5. Os relatos enviaranse ao correo electrónico:   reatosmontenegro@gmail.com.  O envío constará de  dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro co relato, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

6. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría que recibirán un lote de libros e un diploma acreditativo. Os relatos serán publicados.

7. Xurado: estará composto por catro integrantes, a coordinadora do festival e as escritoras Sara Alonso Vila e Arantza Portabales.  O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

 

Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico relatosmontenegro@gmail.com.

 

A ESCRITA NON TRABA, NON DEIXA MANCADURAS…

DEIXA FERMOSAS PEGADAS!


Pulsa para acceder ás bases en formato pdf e á ficha de inscrición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario