Bases:
1. O concurso está aberto a calquera persoa, estabelécendose as seguintes categorías:
● A: 1º e 2º de ESO.
● B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.
● C: Bacharelato e Ciclos formativos.
● D: Maiores 18 anos.
2. Os textos estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12, con 600 palabras como máximo. Non haberá un mínimo.
3. Os temas deberán ser orixinais e inéditos, e inspiraranse nos contidos da noticia publicada no xornal O Noso Grove titulada “Atopan no Grove un cadáver mentres rescataban unha persoa secuestrada” do venres 13 de xaneiro de 2023.
4. A data límite de entrega será o 17 de febreiro de 2023 (ás 23:59 min).
5. Os relatos enviaranse ao correo electrónico: reatosmontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro co relato, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).
6. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría que recibirán un lote de libros e un diploma acreditativo. Os relatos serán publicados.
7. Xurado: estará composto por catro integrantes, a coordinadora do festival e as escritoras Sara Alonso Vila e Arantza Portabales. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.
Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da
biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico relatosmontenegro@gmail.com.
A
ESCRITA NON TRABA, NON DEIXA MANCADURAS…
DEIXA
FERMOSAS PEGADAS!