lunes, 3 de mayo de 2021

Xoves 15 de abril

 Marta Dacosta: Encontro do alumnado das materias artísticas de DAI e TEGP coa autora do libro Na casa da avoa. Obradoiro de poesía cos participantes do II concurso de poesía. 


O pasado xoves, tivemos a gran sorte de coñecer á poeta Marta Dacosta. 
 
Marta comezou falando das formas que xeran as palabras, as imaxes que vemos na distribución das mesmas nos poemas. Tamén destacou a importancia da caligrafía, un sello persoal na arte da palabra. 
 
Máis tarde, os alumnos de debuxo artístico amosámoslle as ilustracións baseadas nos seus poemas, explicando brevemente de onde surxen as nosas ideas.

 
 
Por último, comentou como é a súa forma de escribir, de onde colle inspiración... E escoitámola recitar un dos poemas da súa última obra, "Na casa da avoa".
Sen dúbida unha experiencia enriquecedora para toda a comunidade educativa do noso centro. Quedámonos co sorriso de Marta, a paixón coa que fala dos seus libros e a enerxía que desprendeu ao longo de toda a súa visita. Esperamos voltar a vernos pronto!

Inés Costado 1º Bac. C
 
 

 Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube
 
Guitián: Obradoiros de ilustración cos participantes dos clubs de lectura da biblioteca e co alumnado da materia de TEGP.
Taller de Storyboard: o xoves 15 de abril visitounos Alberto Guitián, un talentoso ilustrador e artista gráfico de Coruña.

Alberto falounos sobre o traballo duro que leva crear diferentes debuxos animados, películas e incluso cómics mediante un “Storyboard”, que se trata dun conxunto de ilustracións presentadas de forma secuencial co obxetivo de servir de guía para depois entender a historia, previsualizar unha animación ou planificar a estrutura dunha película.

Serviunos con moitos exemplos como as películas de Disney e os cómics de Anime, mostrando mediante proxeccións o paso a paso para a realización dun Storyboard en distintos ámbitos artísticos.

Finalmente, o artista ofreceunos realizar o noso propio Storybo board, mediante unha guía escrita sobre diferentes escenas dun episodio dos Simpsons, para así experienciar individualmente a dificultade e esforzo deste apartado imprescindíbel das películas e cómics que todos disfrutamos, rematando a charla moi satisfeitos e cunha percepción distinta da arte que consumimos no noso día a día.
 
Amy Argibay Walker 2º Bac C
 
 
 O xoves 15 de abril contamos coa presenza de Alberto Guitián,un gran ilustrador galego, que tivo a amabilidade de ensinarnos diversas formas de expresión para os nosos personaxes e mellorar as personalidades destes. 
 
Definitivamente,esta foi unha gran experiencia,tanto para aprender novas técnicas como coñecer novos puntos de vista de parte dun ilustrador profesional.
 
Repetiría esta experiencia sen dubidalo.
 
Carlos Bea 4º ESO B

 Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

ÁLBUM DO FOTOS DO 15 DE ABRIL
 
 
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

Mércores 14 de abril

 Ledicia Costas: Encontro do alumnado de 4º ESO coa autora do libro Infamia.

Xuntanza cos participantes do concurso de relatos breves

Ledicia con Manuel, creador do cartel

 
O mércores 14 de abril o alumnado de 4º eso mantivemos un coloquio coa escritora Ledicia Costas, autora da novela Infamia, que foi o libro de lectura na materia de lingua galega e literatura no segundo trimestre.
 
As charlas comezaron cunha breve intervención de Ledicia contándonos curiosidades sobre a súa vida e algunhas claves para unha mellor comprensión da obra. Por exemplo, mencionou que se inspirou en sucesos reais, tales como o caso da desaparición de Marta del Castillo ou nunha súa profesora da carreira de Dereito, que lle dá vida á personaxe de Emma Cruz.
 
As alumnas e alumnos dos tres grupos puidemos facerlle preguntas, comentarios, valoracións e opinións persoais a respecto do que nos pareceu a novela publicada en 2019.


 
O encontro resultou moi acolledor, interesante e cómodo, xa que Ledicia foi quen de nos sorprender coa súa proximidade e naturalidade. Durante as sesións xurdiron moitas preguntas relacionadas coas temáticas, todas elas moi duras e actuais. A autora defendeu a necesidade de visibilizalas, aínda que nalgúns casos estean consideradas tabú.

 
En definitiva, a actividade foi moi educativa e ben aproveitada, podéndonos achegar máis á persoa e tamén á creación de Infamia. Entre todas e todos gozamos dun ambiente positivo e didáctico. Agardamos, tal e como nos adiantou, a súa próxima publicación e tamén a segunda parte de Infamia.
 
 Suevia Noya Garrido 4ºESO A 
 
 
 
   Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

Xosé Tomás: Obradoiros de ilustración dirixidos ao alumnado das materias de DAI e EPVA de 4ºESO.


   

O obradoiro de dúas horas con Xosé Tomás resultou moito mellor do esperado, foi moi ameno e entretido todo o comentado e as distintas actividades que nos expuxo.

 
Empezando cunha breve explicación dunha das súas dúas profesións xunto con varios dos seus traballos, conseguiu xerar interese desde o principio e resolveu dúbidas daqueles que estaban interesados no ámbito. 
 
As dúas actividades que realizamos, o xerar un debuxo coas ideas dadas como o ditado, foron bastante divertidas. Ademais, Xosé Tomás mostraba unha forma de explicar moi boa, digna dun profesor como o é el, e fixo o posible por manternos nun ambiente agradable tentando que colaboremos en todo momento. Víase o gusto que ten pola súa profesión, tanto á hora de falar como na paixón que puxo para realizar simples bosquexos.


En resumo, foi unha experiencia marabillosa, tanto para os alumnos como para o profesorado, que nos deixou a moitos con ganas de ver máis do seu traballo e coa esperanza de volver vernos o próximo ano.
Alba Carballal 1ºBach C

 
 
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

ÁLBUM DE FOTOS 

 
 
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube

Programación actividades

IV Festival Montenegro


Martes 13 de abril

Inauguración da exposición Visionadas coas obras plásticas feitas polo alumnado de EPVA de 4ºESO, Volume, DAI e TEGP, vinculadas aos libros das escritoras invitadas.

Mércores 14 de abril

Ao longo da mañá e dirixido ao alumnado.

Ledicia Costas:
Encontro do alumnado de 4º ESO coa autora do libro Infamia.

Xuntanza cos participantes do concurso de relatos breves.

Xosé Tomás:
Obradoiros de ilustración dirixidos ao alumnado das materias de DAI e EPVA de 4ºESO.


Xoves 15 de abril


Ao longo da mañá e dirixido ao alumnado:

Marta Dacosta:
Encontro do alumnado das materias artísticas de DAI e TEGP coa autora do libro Na casa da avoa.
Obradoiro de poesía cos participantes do II concurso de poesía. 


Guitián: Obradoiros de ilustración cos participantes dos clubs de lectura da biblioteca e co alumnado da materia de TEGP.




Gañadores Certames Literarios

GAÑADORES

II CONCURSO DE POESÍA MONTENEGRO

Reunido o xurado, formado por lago Alvite, Solange Costas Simón, Marta Dacosta, Mariola López Abeledo e Uxía Pallares e como secretaria Aurora Ballesteros, designa como poesías gañadoras e finalistas as seguintes segundo as diferentes categorías:

 CATEGORÍA A:

• Poesía Gañadora: "Ata nunca, querida infancia” de Noa Iglesias Álvarez

CATEGORÍA B:

• Poesía Gañadora: "Aparento” de Aitana Otero Fernández

• Poesía Finalista: "Pasado instalador” de Erixúa Otero Sanmartín

CATEGORÍA C:

• Poesía Gañadora: "Feridas abertas" de Ana Grigore

• Poesía Finalista: "Volver a respirar" de Ana Grigore

CATEGORÍA D:

• Poesía Gañadora: “Exilio” de Lois Bouzas Millán

• Poesía Finalista: "Clareza” de Clara Vindel Martínez 

 

GAÑADORES

III CONCURSO DE RELATOS BREVES MONTENEGRO

Reunido o xurado, formado por lago Alvite, Fátima Barreiro, Serxio Folgueira, Mariola López Abeledo, Martin Meis e Uxía Pallares e como secretaria Aurora Ballesteros, designa como Relatos Gañadors e finalistas as seguintes segundo as diferentes categorías:


CATEGORÍA A:

Deserta

CATEGORÍA B:

• Relato Gañador: “A miña amiga Vida” de Lucía Besada López

• Relato Finalista: “Psiquiátrico" de Lucía García González

CATEGORÍA C:

• Relato Gañador: “A resaca de antes da copa” de Inés Costado Afonso

• Relato Finalista: “Teu, Aria” de Zaira Muñiz Míguez

CATEGORÍA D: 

Relato Gañador: "(x)Ela" de Lois Bouzas Millán 

Relato Finalista: “A cicloxénese” de Josebe Arrillaga Chopitea