Ledicia Costas: Encontro do alumnado de 4º ESO coa autora do libro Infamia.
Xuntanza cos participantes do concurso de relatos breves
|
Ledicia con Manuel, creador do cartel |
O
mércores 14 de abril o alumnado de 4º eso mantivemos un coloquio coa
escritora Ledicia Costas, autora da novela Infamia, que foi o libro de
lectura na materia de lingua galega e literatura no segundo trimestre.
As
charlas comezaron cunha breve intervención de Ledicia contándonos
curiosidades sobre a súa vida e algunhas claves para unha mellor
comprensión da obra. Por exemplo, mencionou que se inspirou en sucesos
reais, tales como o caso da desaparición de Marta del Castillo ou nunha
súa profesora da carreira de Dereito, que lle dá vida á personaxe de
Emma Cruz.
As
alumnas e alumnos dos tres grupos puidemos facerlle preguntas,
comentarios, valoracións e opinións persoais a respecto do que nos
pareceu a novela publicada en 2019.
O
encontro resultou moi acolledor, interesante e cómodo, xa que Ledicia
foi quen de nos sorprender coa súa proximidade e naturalidade. Durante
as sesións xurdiron moitas preguntas relacionadas coas temáticas, todas
elas moi duras e actuais. A autora defendeu a necesidade de
visibilizalas, aínda que nalgúns casos estean consideradas tabú.
En
definitiva, a actividade foi moi educativa e ben aproveitada,
podéndonos achegar máis á persoa e tamén á creación de Infamia. Entre
todas e todos gozamos dun ambiente positivo e didáctico. Agardamos, tal e
como nos adiantou, a súa próxima publicación e tamén a segunda parte de
Infamia.
Suevia Noya Garrido 4ºESO A
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube Xosé Tomás: Obradoiros de ilustración dirixidos ao alumnado das materias de DAI e EPVA de 4ºESO.
O
obradoiro de dúas horas con Xosé Tomás resultou moito mellor do
esperado, foi moi ameno e entretido todo o comentado e as distintas
actividades que nos expuxo.
Empezando cunha breve explicación dunha das súas dúas profesións xunto
con varios dos seus traballos, conseguiu xerar interese desde o
principio e resolveu dúbidas daqueles que estaban interesados no
ámbito.
As
dúas actividades que realizamos, o xerar un debuxo coas ideas dadas
como o ditado, foron bastante divertidas. Ademais, Xosé Tomás mostraba
unha forma de explicar moi boa, digna dun profesor como o é el, e fixo o
posible por manternos nun ambiente agradable tentando que colaboremos
en todo momento. Víase o gusto que ten pola súa profesión, tanto á hora
de falar como na paixón que puxo para realizar simples bosquexos. En
resumo, foi unha experiencia marabillosa, tanto para os alumnos como
para o profesorado, que nos deixou a moitos con ganas de ver máis do seu
traballo e coa esperanza de volver vernos o próximo ano. Alba Carballal 1ºBach C
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube
ÁLBUM DE FOTOS
Pulsa aquí para acceder ao vídeo en youtube