sábado, 21 de marzo de 2020

Charla con Marta Dacosta

A poesía no contexto histórico

O día 12 de marzo, convidamos con nós a Marta Dacosta, autora e poeta galega da xeración dos 90. Facendo un breve repaso, como muller e escritora falaba da súa figura e de como moitas outras como ela, buscaron un oco dentro da literatura galega.

Ademais rememorando as súas vivenzas, relataba os seus inicios e como chegou a formar parte desta xeración de poetas con ideas pioneiras, xunto co feito de como hai mulleres silenciadas na literatura e o duro traballo que teñen que facer para o recoñecemento do seu traballo.



En xeral, un espazo para reflexión e sen dúbida, para encarar e motivar ás mulleres a poder denominarse autoras.


                                                                                          José Manuel Domínguez (2º Bac.A)

No hay comentarios:

Publicar un comentario