domingo, 22 de marzo de 2020

Encontro de Diego Ameixeiras coas mulleres co Taller de Lectura da Biblioteca Municipal

O xoves 12 de marzo o Taller de lectura da Biblioteca Municipal cambiou o seu lugar de reunión habitual pola biblioteca do IES Monte da Vila. A ocasión o merecía xa que dentro das actividades da Semana da Novela Negra organizadas polo centro estaba a visita do escritor galego Diego Ameixeiras entre outros.


Nesta sesión tan especial as participantes do taller de lectura tiveron a oportunidade de comentar e preguntarlle ao escritor sobre a obra “Matarte lentamente” que leran semanas antes. 


A sesión estivo moi animada, tanto por parte do autor como das lectores que puideron preguntarlle sobre o libro lido e sobre o oficio de escribir. Elas estaban moi interesadas en saber como organiza o seu traballo a hora de crear unha nova novela. 


O autor explicoulles cal é o proceso de investigación e de cómo organiza o seu traballo para levar a diante a creación dunha novela. 


A conversa centrouse sobre todo na novela “Matarte lentamente”, na que o autor nos mostra unha serie de historias que se entrelazan e que nos fan reflexionar sobre a realidade social do momento. Como elas mesmas afirmaban “a vida mesma coas súas miserias e desgrazas”.

Os encontros cos autores espertan sempre un gran interese entre os lectores e supoñen un estimulo importante para o desenvolvemento da afección a lectura. Dannos a oportunidade de coñecer ao autor e de compartir con el as impresión da obra lida, así como coñecer un pouco mais a traxectoria.

Agradecer ao IES Monte da Vila este tivo de iniciativas de por en contacto aos lectores cos escritores e de contar con nós neste tipo de actividades.


Uxía Pallares

Taller de poesía con Marta Dacosta

O venres, dentro das actividades do Festival Montenegro, convidáronnos a un taller de poesía na Biblioteca, a todo o alumnado de 2º da ESO.

Cando chegamos presentáronnos á poeta Marta Dacosta Alonso e a súa obra, que recibíu ao longo do tempo numerosos premios.

En clase xa nos deran unha ficha con algunhas das súas creacións e actividades. 

Ela saudounos e propúxonos analizar a metáfora da ameixeira neste poema seu:

Había unha ameixeira ao pé
da casa árbore sempre
verde que eu recordo, e
miña nai a roubar antes de
tempo aquel certo veludo
que cegaba.

Había unha ameixeira ao pé
da casa en que eu sen saber,
souben da lingua aquela que
tiñamos agachada
aínda que sempre alí, ao pé da casa.

                (Setembro, 1998)

Tiñamos que indicar que representaba a ameixeira, coa que a poeta simboliza a lingua galega. Cada un de nós tiñamos que crear a nosa propia metáfora sobre a lingua e coas metáforas fixemos tres pequenos poemas colectivos:
            I
A lingua é a raíz,
a lingua é a árbore,
unha nena que fala,
é a chave da casa.

           II
A lingua é memoria,
a lingua é pura maxia,
é como unha enredadeira,
coma un toxo resistente.

          III
A lingua é o mar,
            a lingua é o mundo.

Este último gustoulle especialmente a Marta, porque simboliza que a lingua o é todo.

As propostas de Marta eran máis e moi interesantes, pero non tivemos tempo a rematalas; quedounos pendente por exemplo “Que non escapen os globos”, unha actividade na que tiñamos que utilizar palabras da mesma categoría gramatical para escribir un poema de oito versos.

O taller foi unha oportunidade para coñecer de primeira man a poesía.

                                                                                 Manuela Sendín Caneda

sábado, 21 de marzo de 2020

Exposición Montenegro


Debido aos precipitados acontecementos, non puidemos inaugurar a exposición do III Festival de Arte e Novela Negra, pero temos algunha imaxe, para que poidades ver o gran traballo do noso alumnado. 



Está claro que isto non sería posible sen o gran esforzo das profesoras do Departamento de Debuxo. 

Moitas grazas Celia e Josebe!!!

Encontro do alumnado con Diego Ameixeiras


Na nosa última semana de clase antes da suspensión destas polo virus, o xoves, tivemos unha charla o alumnado de primeiro de bacharelato que leu o libro A Crueldade de Abril,  de Diego Ameixeiras. En concreto lemos este libro unha clase de Volume e a clase de Debuxo Artístico.


A charla foi na biblioteca. Antes de comezar con ela Lois, o noso profesor de Lingua e Literatura Galega, presentounos ao autor e deulle paso para empezar.

Diego Ameixeiras comezou falándonos do seu traballo, a que se dedica e os seus gustos; contounos que escribiu xa máis dunha ducia de libros e que todos son do mesmo tipo, novela negra, que é o que máis lle gusta.

Centrándose na novela que nos leramos, falounos un pouco dela, de que ate facía pouco era a súa novela favorita de todas as que escribiu, pero que cando rematou a seguinte, xa lle quitou o posto a A Crueldade de Abril.

Cara o final da charla deixou un espazo para preguntas. Nós, un pouco mudos ao principio fomos soltándonos coa proximidade que mantiña o autor connosco e como el mesmo nos facía a nós preguntas!

Tamén lle contamos a exposición que fixemos sobre a súa novela, con debuxos e esculturas, explicámoslle algunhas das obras, comentámoslle algunhas das persoas que nos interesaba a escritura, e incluso ao final deunos tempo a falar un pouco da suspensión das clases.

A verdade é que sempre é unha honra coñecer ao autor da obra que les, coñecer a mente que conseguiu escribir esa novela que te cativou.

Cando os autores son tan próximos, sinceros e entretidos como  foi Diego inda é mellor!



Bábara, Casal González (1º Bac. A)

Visita de Diego Ameixeiras ao noso Centro


Non hai mellor xeito de ver o bo día que fixo pasar Diego Ameixeiras, tanto ao alumnado do noso Centro como ás mulleres do Club de Lectura da Biblioteca Municipal que con estas imaxes. 

Grazas, como sempre, Brais Míguez polo teu vídeo. 

Gran traballo!!!


Charla con Marta Dacosta

A poesía no contexto histórico

O día 12 de marzo, convidamos con nós a Marta Dacosta, autora e poeta galega da xeración dos 90. Facendo un breve repaso, como muller e escritora falaba da súa figura e de como moitas outras como ela, buscaron un oco dentro da literatura galega.

Ademais rememorando as súas vivenzas, relataba os seus inicios e como chegou a formar parte desta xeración de poetas con ideas pioneiras, xunto co feito de como hai mulleres silenciadas na literatura e o duro traballo que teñen que facer para o recoñecemento do seu traballo.



En xeral, un espazo para reflexión e sen dúbida, para encarar e motivar ás mulleres a poder denominarse autoras.


                                                                                          José Manuel Domínguez (2º Bac.A)

Encuentro con Antonia Huertas

Antonia Huertas es ejemplo de como cualquier excusa es suficiente para escribir un gran libro. Una anécdota de una amiga, el reto de escribir sobre ello; no estar convencida con lo escrito, dejarlo por un tiempo y volver a escribir con ideas frescas más tarde. Así surge Alterworld, una obra compleja que centra su argumento en la disputa entre identidades digital y “real” o física. Precisamente, el tratamiento del mundo virtual como uno real, con personajes, lugares y comportamientos que simulan una realidad como la conocemos, provoca la confusión en el lector.

Ayer, viernes 13 de marzo, un día que no quedará en el olvido; los ganadores del concurso de relatos del Festival Montenegro y otros pocos alumnos, tuvieron la oportunidad de reunirse en la biblioteca del centro con la autora. Los privilegiados, más que simplemente escuchar, pudieron preguntar sobre distintos aspectos de la novela, compartieron sus inquietudes creativas y abrieron debate sobre temas y reflexiones tratadas en la obra. Así se desarrolló un fluido diálogo entre autora y alumnos en el que hubo muchos temas de conversación que rodean el desarrollo del argumento de la novela.

El tratamiento especial que da la autora al mundo virtual no pasó desapercibido para los alumnos, que incidieron en ello en sus preguntas. Antonia Huertas dice haberlo construido así buscando precisamente la confusión entre lo real y lo ficticio y para que no se tratase a este mundo como uno inferior al real; ya que ambos tenían igual importancia. La disputa entre identidades real y digital fue objeto de conversación, llegando a hablar sobre los fraudes actuales, el peligro de las redes sociales…

También Antonia habló sobre sus sensaciones e intenciones al escribir. La confusión era una de las claves para su argumento, el desconcierto con la identidad de Lena y los sentimientos alborotados de la protagonista en su historia amorosa, son ejemplos de esto. Además, la autora pretendía construir una trama compleja, que no fuese estrictamente lineal. Para ello decidió relatar varias historias paralelas sin aparente relación pero que se van interconectando según se desarrolla la trama. Este punto es, para ella, una de las claves de su novela.

¿Qué es lo siguiente? La autora nos cuenta como, después de publicar Alterworld, una novela escrita casualmente, ha publicado Incognitus, ya escrita desde un inicio para el público, con un estilo más profesionalizado y que se centra en el pasado, la madre de la protagonista. Además, tiene en mente un nuevo proyecto que está desarrollando. ¡No podemos esperar para verlo!

La reunión no hace más que realzar la figura de Antonia Huertas, una mujer con grandes conocimientos que pretende desarrollar en sus novelas un tema muy poco tratado en la literatura castellana y que está cada vez más a la orden del día. Puede resultar una forma de acercar una realidad poco conocida, como es el mundo virtual, a personas de lo común; que a través de sus novelas pueden comprender mejor lo que los rodea.

Raúl José Salgado García (2º Bach. A)

sábado, 7 de marzo de 2020


Premios Certames Literarios III Festival Montenegro



Xa temos gañadores/as do 

I Certame de Poesía e do

II Certame de Relato Curto 

 do Festival Montenegro

Premios do II Certame de Relato Curto Montenegro


Reunido o xurado, formado por Iago Alvite, Aurora Ballesteros, Antonia Huertas, Ana López, Lourde López, Uxía Pallares, José Raúl Salgado e como secretaria Josebe Arrillaga, designa como poesías gañadoras e finalistas as seguintes segundo as diferentes categorías:


CATEGORÍA A:

Relato Gañador: “La inocencia de Violet” de Carmen Míguez Oubiña

Relato Finalista: “Lo que no sé” de Marco Lires Meis

Relato Finalista: “El móvil” de Vionta Silva Domínguez


CATEGORÍA B:

Relato Gañador: “PEM” de Pablo Pazos Parada


CATEGORÍA C:

Relato Gañador: “Identidad encontrada” de Gaila Noya Garrido

Relato Gañador: “La valentía de la soledad” de Bárbara Casal González 

Relato Finalista: “Yo, doctor” de Raúl José Salgado García   


CATEGORÍA D:

Relato Gañador: “Como todas las noches” de Andrea Cacabelos Dios

Relato Finalista: “Veterinario enamorado” de Pablo Gallego Falcón


Os premios serán outorgados o 13 de marzo de 2020 na biblioteca municipal do Concello de O Grove, a partir das 19:30 h. durante a celebración do III Festival Montenegro de Arte e Novela negra.

Esperámosvos! 

Contaremos coa presenza da escritora Antonia Huertas e as persoas gañadoras lerán os seus relatos. 

Non atopamos mellor maneira de finalizar o Festival !

Premios do I Certame de Poesía Montenegro

Reunido o xurado, formado por Iago Alvite, Aurora Ballesteros, Marta Da Costa, Jose Manuel Domínguez, Martín Meis, Uxía Pallares  e como secretaria Josebe Arrillaga, designa as seguintes poesías como gañadoras e finalistas, segundo as diferentes categorías:

CATEGORÍA A

Poesía Gañadora: “Namorada do mar” de Vionta Domínguez

Poesía Finalista: “Encarcélao” de Antía Fernández Esteban


CATEGORÍA B:


Poesía Gañadora: “O silencio” de Gemma Lamas Muñiz

Poesía Finalista: “O mar” de Samuel Vázquez Devesa


CATEGORÍA C:

Poesía Gañadora: Só aquíde Naomi Portela Rey

Poesía Finalista: “Resilienciade Raúl José Salgado García



CATEGORÍA D:


Poesía Gañadora: “Auga e sal” de Antonio Pena Abal

Poesía Finalista: “Ós seres invisibles” de  Luisa Mª García Novas




Os premios serán outorgados o 12 de marzo de 2020 na biblioteca municipal do Concello de O Grove, a partir das 18:00 h. durante la  celebración do III Festival Montenegro de Arte e Novela negra


Convidámosvos a asisitir, xa que, ademais de gozar da lectura das poesías gañadoras, poderemos escoitar a Diego Ameixeiras e Marta Dacosta.