miércoles, 15 de enero de 2020

I CERTAME DE POESÍA MONTENEGRO 2020


I CERTAME DE POESÍA MONTENEGRO 2020


Xénero: poesía (verso libre ou rimado)

Convoca: IES Monte da Vila de O Grove (Pontevedra)

Bases:



1. Pode participar calquera persoa.  A participación no concurso supón a aceptación destas bases.



2. Establécense as seguintes categorías de participación, segundo as circunstancias:
                            A: 1º e 2º de ESO.
                             B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.                           
                             C: Bacharelato e Ciclos formativos.                           
                             D: Calquera persoa maior de 18 anos.

3. Os poemas, que deberán ser orixinais na súa totalidade e rigorosamente inéditos, estarán escritos en galego, con letra Times New Roman, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dúas obras por persoa.

4. Os temas deberán estar relacionados coa memoria individual e colectiva, a violencia machista, a marxinación, a rebeldía, a paisaxe do mar ou a loita das mulleres.

5. As obras deberán enviarse ao seguinte correo electrónico: poesiamontenegro@gmail.com. Deberán enviarse dous documentos, a ficha de inscrición cos datos do participante (nome e apelidos, título da obra, categoría na que participa e un pseudónimo), e outro cos poemas, no que se incluirá ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen ningunha referencia ao participante).

6. A data límite de entrega de traballos será o 17 de febreiro de 2020, ás 23:59h.   

7. O Xurado estará composto pola escritora Marta Dacosta e por membros da comunidade educativa do IES Monte da Vila.

8. Premios: haberá un gañador ou gañadora e un finalista por cada categoría. Os autores ou autoras das obras seleccionadas recibirán un exemplar do último libro de Marta Dacosta, Labirinto ou memoria, asinado pola autora, e tamén un diploma acreditativo. As obras leranse nun acto público durante o III Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. Ademais, as persoas gañadoras verán convertidos os seus textos en videopoemas, creados polo alumnado do Bacharelato Artístico. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.


Para consultas ou dúbidas podedes dirixirvos ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com

Moita sorte!


Neste enlace podes acceder ás bases en formato PDF



No hay comentarios:

Publicar un comentario