Este xoves 24 de abril celebrouse
VIII Festival Montenegro de Arte e Novela Negra. Contamos coa presenza de dous
convidados de luxo: o prestixioso ilustrador Miguel Anxo Prado e a recoñecida
escritora Helena Gallego Abad. A primeira hora da mañá, o Club de Lectura do
Concello do Grove desprazouse ata o noso instituto para compartir con Gallego
Abad reflexións sobre a súa novela Sete caveiras.
Despois, tivo lugar un obradoiro de escrita creativa, no que participaron os mozos e mozas dos diferentes certames literarios organizados durante o curso. A xornada coa autora culminou cunha charla sobre a novela negra destinada ao alumnado de 2º de Bacharelato.
Pola súa banda, Miguelanxo Prado protagonizou un
taller de produción creativa dirixido ao alumnado de 1º e 2º do Bacharelato
Artístico, durante o cal o ilustrador compartiu consellos e valorou as obras
dos estudantes, animándoos a seguir desenvolvendo o seu talento. Ademais,
mantivo un encontro co grupo de 2º ESO C para falar sobre o seu cómic Voitres e
asinou exemplares para quen se achegou á biblioteca.
Inagurouse, ademáis, unha exposición coas creacións do alumnado de
artes, que permanecerá exposta nos corredores do centro durante os vindeiros
días.
O festival, que pecha así a súa oitava edición,
contou coa indispensable colaboración do Departamento de Debuxo e co apoio do Concello do Grove.