domingo, 30 de enero de 2022

III CERTAME DE POESÍA MONTENEGRO 2022

 

Xénero: poesía (verso libre ou rimado)

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove-Galiza)

Bases:

1. Pode participar calquera persoa, estabelecéndose as seguintes categorías: 


· A: 1º e 2º de ESO.

· B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

· C: Bacharelato e Ciclos formativos.

· D: Maiores de 18 anos.


2. Os poemas, que deberán ser orixinais e inéditos, estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12. A extensión máxima non excederá dos 40 versos, podendo estar repartidos en varios poemas. A extensión mínima será de 4 versos. Só se aceptará un máximo de dous textos por persoa.

3. Os temas deberán estar relacionados coa identidade, autocoñecemento e amor propio, as vivencias, as apertas dadas e as esquecidas, os vínculos con un mesmo e os outros.

4. Os poemas enviaranse ao correo electrónico: poesiamontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro cos poemas, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

5. A data límite de entrega será o 28 de febreiro de 2022 (ás 23:59 min).

6. A ficha de inscricións pódese baixar no seguinte enlace. (Se pulsas en arquivo, poderás descargalo no teu ordenador para poder cubrilo). E podes acceder ás bases en formato pdf pulsando aquí.

7. O xurado estará composto por catro integrantes, a coordinadora do festival e a escritora Yolanda Castaño. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

8. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría. As autoras ou autores das obras seleccionadas recibirán un exemplar do último libro de Yolanda Castaño, O puño e a letra, asinado pola autora e un diploma acreditativo. Os textos premiados serán publicados e elaboraranse videopoemas creados polo alumnado de bacharelato artístico. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da Biblioteca ou ao correo poesiamontenegro@gmail.com.

Lembra ben: A poesía non morde, aínda que ás veces debería!


IV CERTAME LITERARIO DE RELATOS BREVES MONTENEGRO 2022

  

Xénero: relatos breves de temática negra

Convoca: IES Monte da Vila (O Grove - Galiza)

Bases:

1. O concurso está aberto a calquera persoa, estabelécendose as seguintes categorías:

· A: 1º e 2º de ESO.

· B: 3º e 4º de ESO e FP Básica.

· C: Bacharelato e Ciclos formativos.

· D: Maiores 18 anos
.

2. Os textos estarán escritos en galego, con letra Arial, tamaño 12, con 600 palabras como máximo. Non haberá un mínimo.

3. Os temas deberán ser orixinais e inéditos, e inspirarse na novela O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras. A temática central será a o desacougo vital/existencial (a derrota, a autodestrución, dependencia emocional, etc), o amor imposíbel e as relacións de amizade.

4.
A data límite de entrega será o 28 de febreiro de 2022 (ás 23:59 min).

5. Os relatos enviaranse ao correo electrónico: relatosmontenegro@gmail.com. O envío constará de dous documentos: a) ficha de inscrición cos datos da persoa participante (nome e apelidos, título da obra, categoría en que participa e pseudónimo); b) outro co relato, indicando ao comezo o título da obra e o pseudónimo (sen referencia á persoa participante).

6. Premios: haberá un primeiro premio e tamén finalistas por cada categoría que recibirán un lote de libros, incluída a novela O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras, e un diploma acreditativo. Os relatos serán publicados.

7. Xurado: estará composto por catro integrantes, a coordinadora do festival e o escritor Diego Ameixeiras. O xurado resérvase o dereito de deixar deserto algún premio.

Para consultas ou dúbidas podes dirixirte ao profesorado da biblioteca do IES Monte da Vila ou ao correo electrónico relatosmontenegro@gmail.com.


Ánimo e adiante!
 
Podes acceder á ficha de inscrición no seguinte enlace(Se pulsas en arquivo, poderás descargalo no teu ordenador para poder cubrilo).
 
E se pulsas aquí podes acceder ás bases do certame en formato pdf.