viernes, 28 de febrero de 2020

Alberto Guitián

O ilustrador galego Alberto Guitián, impartirá dous obradoiros no noso Centro o próximo 13 de marzo, dentro das actividades programadas no III Festival Montenegro.


Alberto é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, pero foi en Barcelona onde comezou como ilustrador e deseñador gráfico freelance. 

Ilustra carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador en revistas de humor El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro.

Participou en diversas antoloxías cómicas (como H2Oil, Autsaider Minicomics, BlackPulpBox ou Mortland). 

Tamén realiza fondos e storyboard de animación. Impartiu máis de 40 obradoiros e clases maxistrais en banda deseñada e ilustración en Galicia e Cataluña.

Editou as monografías Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición francesa en 2013),  O circo de Lorza (Dibbuks, 2011) e Só tinta (Polaqia, 2012).





Na súa páxina albertoguitian.com podes admirar as súas obras e proxectos.


Algunhas das súas obras destacadas son:

Exposición colectiva A metaviñeta, Galería Monty4, A Coruña, 2015.

Gráfica e dirección de arte dos espectáculos da compañía El Retrete de Dorian Gray.

Exposición El Circo Lorza, MIHL, Lugo, 2014.

Chico & Rita (largom.: fondos), Estudio Mariscal, Barcelona, 2010.

Oca do Camiño de Santiago (xogo de mesa, ilustracións), O gráfico/Ideas Peregrinas, 2010

Marta Dacosta Alonso

Esta poetisa galega estará con nós o próximo 12 de marzo.

Desenvolverá obradoiros de iniciación á poesía co alumnado de 2º da ESO e falará co alumnado de 2º bacharelato sobre a poesía na actualidade.



 Publicou varios libros e moitos dos seus poemas están recollidos en diversas antoloxías.


Podes coñecer máis sobre Marta no seu blog, onde recolle, ademais de poemas, artigos e colaboracións en diferentes medios.



Diego Ameixeiras. "A crueldade de abril"


Diego Ameixeiras Novelle é un escritor, xornalista e guionista galego en lingua galega, aínda que varias das súas obras xa están traducidas ao castelán.

Traballou como guionista para varias series emitidas pola TVG e como colaborador en diferentes xornais. 


    Foi coguionista de varias longametraxes, entre as que destacan 18 comidas e María y las demás, polas que recibiu o premio Mestre Mateo ao mellor guión nos anos 2010 e 2017, respectivamente.
   Recibiu diversos premios polas súas novelas, nas que frecuenta os mundos marxinais e a crítica social.
  As súas dúas primeiras obras, Baixo mínimos (2004) e O cidadán do mes (2006), ambientadas en Ourense, están protagonizadas polo detective Horacio Dopico. 

   A súa última obra, A cureldade de abril (Xerais, 2018), segundo o propio autor, é a historia dunha vinganza e tamén de marxinación, sobre en que nos pode converter a sociedade cando nos expulsa dese territorio de aparente normalidade no que nos obriga a vivir a todos. 

   Utiliza o molde da novela negra clásica, escrita desde o punto de vista do delincuente, aquí non hai unha investigación policial. O libro quixo dar una visión dese mapa humano de perdedores ao que non lle prestamos atención.

   Ven de presentar estes días, en México, La noche del caimán, traballo que se publicou en galego en 2015, co título A noite enriba, e que agora se lanza con algunhas correccións. 




Diego Ameixeiras Novelle

Contaremos tamén no III Festival Montenegro con Diego Ameixeiras. 

Non dubidamos de que a visita deste escritor vai animar ao noso alumnado a ler novela negra en galego. 

Preme na foto para máis información en Montenegro



Antonia Huertas. "Alterworld. lo saben todo de ti"

     Antonia Huertas é licenciada en Matemáticas e en Humanidades, e doctora en Lóxia Matemáticas. Actualmente é profesor de Estudios de Informática, Multimedia e Telecomunicación, directora do Máster en Inxeniería Computacional e Matemática e directora do grupo de investigación TEKING (Technology-Enhanced Knowledge and Interaction Group) da Universitat Oberta de Catalunya (UOC). 

    As súas áreas de investigación son a Lóxica aplicada á Intelixencia Artificial e o e-Learning. 

Segundo conta no seu blog escribiu narrativa e poesía desde sempre e, aínda que o destino quixo que a súa primeira novela publicada sexa do xénero negro, gústanlle múltiples xéneros literarios.


Parte do alumnado do noso Centro leu durante este curso o seu libro Alterworld, lo saben todo de ti, publicado en novembro de 2015.


  Alterworld mergúllanos no outro lado do mundo de internet. Unha cara á que moi poucos teñen acceso pero desde onde nos poden controlar a todos.

  Rematarás a novela dubidando en que punto podería ser real nesta historia e como cada día deixamos a nosa marca en cada un dos sitios web que visitamos.

  Unha historia aditiva onde os cibercriminais e os piratas informáticos son os protagonistas.

En muchomasqueunlibro.com podes ler unha interesantísima entrevista na que Antonia fala sobre certos aspectos da súa novela.




M. Antonia Huertas


Preme na foto para máis información en Montenegro

Antonia Huertas estará con nós o próximo 13 de marzo no III Festival Montenegro para presentarnos o seu libro 

"Alterworld, lo saben todo de ti".


 Estamos desexando que chegue o día de poder conversar con ela!

Sergio Vera. "Quién pilló al lobo feroz"

Sergio Vera Valencia é graduado en maxisterio de Idiomas Estranxeiros e Psicopedagoxía pola Universidade de Castela A Mancha e traballa como asesor educativo no IES Pedro Mercedes de Cuenca, unha actividade que non lle impide a súa discapacidade, xa que está cego. 


Ademais, é un apaixonado da lectura e leva dez anos dirixindo o club de novela negra Las Casas Ahorcadas de Cuenca. No seu blog podes atopar información sobre o evento e mergullarte no mundo da novela negra.

Agora animouse a ser escritor e acaba de publicar en Editorial Flandes, dentro da colección Libros que non morden, “Quién pilló al lobo feroz”, un libro xuvenil no que o lobo, ata o de agora o malo da historia, é o narra e conta as historias coa súa propia versión, polo que os lectores quedarán sorprendidos de que as historias non rematen como se esperaba.


Como é posible que os nenos saian vivos e pateando do intestino do lobo? Por que Caperuchiña Vermella non se decatou na primeira vista das enormes orellas do lobo e a confundiu coa avoa? Despois de ler este libro, as historias xa non serán como antes.





Podes escoitar a entrevista de Sergio Vera no programa "Hoy por Hoy Cuenca" da Cadena Ser, o día 3 de outubro de 2019,  falando do seu libro.

Tamén podes ver a súa entrevista na canle 24 horas o día 31 de outubro de 2019.



Sergio Vera Valencia

O día 12 de marzo contaremos, dentro das actividades do III Festival Montenegro de Arte e Novela Negra, con Sergio Vera, ao que xa consideramos padriño deste evento. 

Conversará co alumnado de 1º da ESO para inicialo no xénero da novela negra.

Preme na foto para máis información en Montenegro