Un día tal como hoxe, mércores 20 de febreiro, visitounos no instituto Montse Fajardo, autora de tres libros entre os que se encontra Invisibles.
A maioría de nós entramos na sala pensando que Montse falaría principalmente do seu libro, pero foi moito máis que iso.
Ela explicounos como foi escribir unha obra tan sensibilizadora e tratar coas vítimas de maltrato das que fala Invisibles e doutras.
Montse afondou nas historias ata transportarnos a esas historias de terror que moitas mulleres e nenas viven día a día.
Falounos de como non existe un perfil de muller maltratada, de como o maltrato non é só levar unha malleira, de como a muller non é sempre a única vítima dado que moitas delas teñen fillos e de como o sistema non sempre é todo o efectivo que debería ser.
Reseña de María Rodríguez de 2º Bacharelato B
Vídeo elaborado por Brais Míguez, alumno de Imaxe e Son de 2º Bacharelato A
No hay comentarios:
Publicar un comentario